Karl Benz
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde marzo de 2019) |
As referencias deste artigo non teñen un formato correcto. Podes colaborar editándoas como se indica nesta páxina. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Karl Friedrich Benz, coñecido simplemente como Karl Benz foi un enxeñeiro alemán nado en Karlsruhe o 25 de novembro de 1844 e finado en Ladenburg o 4 de abril de 1929. Esta considerado como un dos inventores do automóbil impulsado por un motor de combustión interna.[1]
Nome orixinal | Karl Friederich Michael Vaillant |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (de) Karl Friedrich Michael Benz 25 de novembro de 1844 Mühlburg (Confederación Xermánica) |
Morte | 4 de abril de 1929 (84 anos) Ladenburg (República de Weimar) |
Causa da morte | hereditary cystatin C amyloid angiopathy (en) |
Lugar de sepultura | Ladenburg |
Residencia | Carl-Benz-Haus (en) |
País de nacionalidade | alemán |
Educación | University of Karlsruhe (en) |
Director de tese | Ferdinand Redtenbacher (pt) |
Actividade | |
Ocupación | enxeñeiro, inventor |
Compañeiro profesional | Emil Bühler (en) |
Familia | |
Cónxuxe | Bertha Benz |
Fillos | Richard Benz Clara Benz Ellen Benz Thilde Benz Eugen Benz |
Premios | |
Medalla Rudolf Diesel | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Traxectoria
editarTres rodas | |
---|---|
Carrocería tubular | |
Piñón e dirección cremalleira, conectado a un temón; coas rodas encadeadas ao eixo frontal | |
Arranque eléctrico | |
Engrenaxes de diferencial traseiro
(válvulas de entrada de accionamento mecánico) | |
Motor de combustión refrixerado por auga | |
Motor de 4 tempos transversal, de gasolina ou petróleo | |
Monocilíndrico, diámetro: 116 mm, carreira: 160 mm | |
Modelo patente: 958 cc, 0.8 CV, 600 W, 16 km/h | |
Modelo comercial: 1600 cc, ¾ hp, 13 km/h |
Karl Benz naceu co nome Karl Friederich Michael Vaillant o 25 de novembro de 1844 en Mühlburg o agora municipio de Karlsruhe, Baden-Württemberg, que é parte da Alemaña moderna. Os seus pais foron Josephine Vaillant e o condutor de locomotoras chamado Johann George Benz. De acordo coa lei alemá, Karl adquiriu o nome "Benz" do matrimonio legal dos seus pais Benz e Vaillant.[2][3][4][5][6] Cando tiña dous anos de idade, o seu pai morreu de pneumonía, deixando á súa xove esposa en serias dificultades financeiras e cun neno pequeno que criar.[7] Este tráxico evento non fixo que Josephine Vaillant se rendese, e cambiou o apelido ao pequeno Karl de Vaillant a Benz en memoria do seu pai.
En 1871 fundou a súa primeira empresa para vender materiais de construción. Ao ano seguinte casou con Bertha Ringer, con quen tivo cinco fillos: Richard Benz, Clara Benz, Ellen Benz, Thilde Benz e Eugen Benz[8]
En 1883 comezou a construír motores industriais en Mannheim. Instalou un monocilíndrico, de 958 cc e 0,75 cv refrixerado por auga nun triciclo que conduciu pola cidade en 1885. En 1885 Karl Benz e o seu socio Thomas Hardessen reconstruíron o modelo.
O 29 de xaneiro de 1886 Karl Benz solicitou a patente n° 37.435 ao goberno alemán para un vehículo de tres rodas, que é considerado o primeiro vehículo automotor de combustión interna da historia.[9] O Benz Patent-Motorwagen, como se lle chamou, exhíbese hoxe no Museo Alemán (Deutsches Museum) en Múnic. En 1890 uníronselle dous socios: Friedrich von Fischer, que se encargou da administración, e Julius Ganss, responsable de vendas. Así, Benz tiña as mans libres para entregarse ao desenvolvemento da parte técnica dos automóbiles, o que favoreceu a rápida progresión neste campo.
O primeiro vehículo Benz de catro rodas fabricouse en 1893, o Benz Vitoria, e ao ano seguinte o Benz Velo, que foi o modelo de base dos primeiros camións de 1895.
A produción en 1899 era de 572 vehículos, e Benz converteuse nun dos fabricantes de automóbiles máis importantes. Ese ano apareceu o primeiro coche de carreiras, que foi a orixe de numerosos éxitos.
En 1910, Benz funda a Süddeutsche Automobil-Fabrik de Gaggenau. En 1924, Benz e Daimler comezan o proceso de fusión que terminará en 1926, formando a compañía Daimler-Benz.
Faleceu o 4 de abril de 1929 en Ladenburg, Alemaña, aos 84 anos de idade.
Galería
editar-
A fábrica de Carl Benz en Mannheim, Alemaña.
-
Motor do automóbil de Benz.
-
Automóbil patentado en 1886 por Carl Benz
-
O primeiro permiso de conducir do mundo, outorgado a Carl Benz o 1 de agosto de 1888.
-
O museo do automóbil Dr. Carl Benz en Ladenburg, Alemaña.
-
Carl e Bertha Benz no seu automóbil patentado.
-
A primeira gasolineira do mundo, en Wiesloch, Alemaña
Notas
editar- ↑ La enciclopedia biográfica en linea: Biografias y vidas (ed.). "Karl Benz". Consultado o 29 de outubro do 2017.
- ↑ Admin (25-11-2005). "Benz, az automobilok atyja (Benz,o pai dos automóbiles)". National Geographic (en húngaro).
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2007. Consultado o 30 de setembro de 2007. Realname:, Karl Friedrich Michael Vaillant. Birthdate:, 25 November 1844. Deathdate:, 4 abril 1929. Birthplace:, Germany, Baden-württemberg, Karlsruhe ...
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o 27 de setembro de 2007. Bei seiner Geburt am 25. November 1844 in Karlsruhe erhielt der spätere Auto-Pionier dean Namen Karl Friedrich Michael Vaillant. Seine Mutter Josephine Vaillant heiratete ein Jahr danach Johann Georg Benz, dean Vater des Kindes.
- ↑ http://www.egoproject.nl/star/automerk%20symbolen.htm Arquivado 24 de outubro de 2012 en Wayback Machine. Tegelijkertijd met Daimler was Karl Benz ook zeer succesvol in het produceren van auto's. Karl werd geboren als Karl Friedrich Michael Vaillant in 1844 in Muelburb; tegenwoordig Karlsruheen als zoon van Josephine Vaillant en treinmachinist Johann George Benz. Hij kreeg de naam van zijn moeder, omdat zijn ouders pas een jaar na zijn geboorte met elkaar trouwden. Toen Karl 2 jaar oud was verongelukte zijn vader in een spoorwegongeluk.
- ↑ http://linx3314.wordpress.com/feed/ Karl Benz wurde als Karl Friedrich Michael Vaillant in heutige Kalruher Stadtteil Mühlburg geboren. Sein Mutter hat ein man bei der name Johann Georg Benz.l Er storp eine veile nach dás hochzeit.
- ↑ http://www.zeno.org/nid/20007927983 Benz, Carl Friedrich: Lebensfahrt eines deutschen Erfinders. Die Erfindung des Automobils, Erinnerungen eines Achtzigjährigen. Leipzig 1936, S. 13-17.
- ↑ "Programm und Videos am Donnerstag, dem 12.12.2019". www.daserste.de (en alemán). Consultado o 2019-12-12.
- ↑ German Patent and Trade Mark Office, ed. (2014-12-22). "Der Streit um den "Geburtstag" des modernen Automobils" [A loita polo nacemento do automóbil moderno] (en al). Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2017. Consultado o 2 de xuño do 2020.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Karl Benz |
Bibliografía
editar- Benz, Carl (2001). Koehler und Amelang, ed. Lebensfahrt eines deutschen Erfinders : meine Erinnerungen / Karl Benz (en alemán). München. ISBN 3-7338-0302-7. (autobiografía)[1]
- Benz, Carl Friedrich (c. 1925). Koehler & Amelang, ed. Lebensfahrt eines deutschen erfinders; erinnerungen eines achtzigjahrigen (en alemán). Leipzig. (nome edición) (bibrec)
- Elis, Angela: Mein Traum ist länger als die Nacht. Wie Bertha Benz ihren Mann zu Weltruhm fuhr. Hoffmann und Campe, Hamburg 2010, ISBN 978-3-455-50146-9
- Mercedes-Benz AG (Hrsg.), Benz & Cie.: Zum 150. Geburtstag von Karl Benz, Motorbuch Verlag: Stuttgart, 1994 1. Aufl. 296 S., 492 Abb., 124 in Farbe, ISBN 3-613-01643-5, (en alemán) (biografía)
- Seherr-Thoss, Hans Christoph, Graf von (1988). VDI-Verlag, ed. Zwei Männer – ein Stern : Gottlieb Daimler und Karl Benz in Bildern, Daten und Dokumenten (en alemán). Düsseldorf. ISBN 3-18-400851-7. [2]
- Seidel, Winfried A. (2005). Ed. Diesbach, ed. Carl Benz : eine badische Geschichte ; die Vision vom "pferdelosen Wagen" verändert die Welt (en alemán). Weinheim. ISBN 3-936468-29-X. (biography) Image of cover. (en alemán) [3]
- Siebertz, Paul (1950). Reclam, ed. Karl Benz : Ein Pionier der Motorisierung (en alemán). Stuttgart. [4]