[go: up one dir, main page]

Bertha Benz

Pioneira do automóbil, xunto co seu marido Karl Benz

Bertha Benz, de nome familiar Bertha Ringer, nada en Pforzheim, Confederación Xermánica o 3 de maio de 1849 e finada en Ladenburg o 5 de maio de 1944, foi unha pioneira da automoción alemá e inventora da pastilla de freo para automóbiles.

Modelo:BiografíaBertha Benz

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(de) Cäcilie Bertha Benz
(en) Bertha Benz Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Cäcilie Bertha Ringer Editar o valor en Wikidata
3 de maio de 1849 Editar o valor en Wikidata
Pforzheim (Confederación Xermánica) Editar o valor en Wikidata
Morte5 de maio de 1944 Editar o valor en Wikidata (95 anos)
Ladenburg (Alemaña nazi) Editar o valor en Wikidata
ResidenciaCarl-Benz-Haus (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoAutomóbil, Car tourism (en) Traducir e automobilism (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónempresaria, piloto de automobilismo Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeCarl Benz (1872–1929) Editar o valor en Wikidata
FillosEugen Benz, Richard Benz Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
5 de agosto de 1888road trip (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Ringer-194

Foi compañeira de negocios, e sentimental, do inventor do automóbil, Carl Benz, quen o 29 de xaneiro de 1886 solicitou a patente n° 37.435 ao goberno alemán para un vehículo motorizado de tres rodas, ao que chamou Benz Patent-Motorwagen. En agosto de 1888 converteuse na primeira persoa en conducir un automóbil a unha longa distancia, arredor de 190 quilómetros. Con este feito, catapultou o invento do seu esposo á fama mundial, e conseguiu para a compañía de ambos as primeiras vendas do vehículo.[1][2][3][4]

Traxectoria

editar
 
Bertha Benz, aos 18 anos.

Bertha Ringer usou parte do seu patrimonio para investir nunha compañía construtora de ferro. Ao ser unha muller solteira foi capaz de facelo, pero despois de que contraese matrimonio con Benz o 20 de xullo de 1872, de acordo coa lexislación alemá da época, Bertha perdeu o poder legal para actuar como unha investidora.[2][3] Como o seu esposo se trasladou a unha nova empresa de fabricación, Benz & Cie, el continuou utilizando o patrimonio de Bertha como apoio financeiro. Terminou o seu proxecto da primeira carruaxe sen cabalos en decembro de 1885. Malia que a súa esposa financiou o proceso de desenvolvemento, e mantería os dereitos de patente en virtude do dereito moderno, como muller casada non se lle permitiu solicitar a patente. O seu coche de tres rodas estaba propulsado por un único cilindro de 2,5 cabalos de forza de combustión interna utilizando un motor de catro tempos, e podía alcanzar unha velocidade máxima de 40 quilómetros (25 millas) por hora.

Primeira viaxe en automóbil a través do país

editar
 
Benz Patent-Motorwagen Número 3 de 1886, utilizado por Bertha Benz para a primeira viaxe motorizada de longa distancia de 106 quilómetros.

En agosto de 1888, sen sabelo o seu marido e sen permiso das autoridades, Bertha conduciu cos seus fillos Richard e Eugen, de trece e quince anos respectivamente, o novo Benz Patent-Motorwagen desde Mannheim até Pforzheim. Deste xeito, converteuse na primeira persoa en conducir un automóbil ao longo dunha distancia considerable.[3][4] As viaxes motorizadas anteriores consistiran en circuítos sumamente curtos, percorridos que regresaban ao momento de partida e coa axuda de asistentes mecánicos. Utilizando as rúas destinadas ás carruaxes, Bertha Benz percorreu unha distancia de ida duns 106 quilómetros aproximadamente (66 millas).[4]

Aínda que o aparente propósito da viaxe era visitar a súa nai, Bertha buscaba, entre outros motivos, demostrarlle ao seu marido (que deixara de considerar a comercialización da súa invención) que o automóbil no cal ambos investiran fortemente converteríase nun éxito financeiro unha vez que se demostrase o útil que podería ser para o público en xeral. Así mesmo, pretendía darlle tamén ao seu esposo a confianza de que as súas invencións tiñan un futuro prometedor.[1][3]

Ela e os seus fillos partiron de Mannheim ao amencer, resolvendo numerosos problemas durante a viaxe. Sen tanque de gas e con só unha subministración de 4,5 litros de gasolina no carburador, tiña que atopar ligroína, o disolvente de petróleo necesario para que o automóbil funcionase. Esa mestura líquida só estaba dispoñible en boticas, polo que se detivo nunha farmacia da cidade de Wiesloch para mercar o combustible.[4] O automóbil empregaba un sistema de termosifón para arrefriar o motor, polo que a subministración de auga foi unha gran preocupación ao longo da viaxe. Para liquidar ese problema, Bertha e os seus fillos foron engadindo auga de cada fonte que atopaban. Usou unha pinza do pelo para reparar o sistema de ignición e tamén unha das súas ligas para recubrir un cable eléctrico pelado. Posteriormente, necesitou a axuda dun ferreiro para reparar unha cadea de transmisión. Utilizou un alfinete do seu chapeu, longo e recto, para limpar unha tubaxe de combustible que se bloqueara. Nas pendentes que tiñan que atravesar, comprobaron que as dúas velocidades e a escasa potencia do motor non eran suficientes para subilas, polo que Richard e Eugen tiveron que apearse e empuxar o vehículo. Benz chegou a Pforzheim un pouco despois do crepúsculo, e notificoulle ao seu marido por telegrama o seu exitoso percorrido.[2] Ela conduciu de regreso a Mannheim varios días despois.

No camiño varias persoas asustáronse polo automóbil, e os relatos da viaxe recibiron unha gran cantidade de publicidade, tal como ela quería. A viaxe foi un acontecemento chave no desenvolvemento técnico do automóbil. A parella pioneira introduciu varias melloras despois das experiencias de Bertha e os seus fillos. Ela foi informando de todo o sucedido no camiño e fixo importantes suxestións, como a introdución dunha engrenaxe adicional para subir outeiros, ou forros de coiro para mellorar a potencia do freo.[2][4] A súa viaxe mostroulle á nacente industria automotriz que os paseos de proba eran esenciais para o progreso do negocio.

Honras

editar

En 2008, o Bertha Benz Memorial Route foi aprobada oficialmente como unha ruta para o patrimonio industrial da humanidade. Esta segue o camiño que Bertha Benz realizou durante a primeira viaxe de longa distancia do mundo descrito previamente. É posible revivir os 194 quilómetros a partir do seguimento dos sinais que indican a ruta desde Mannheim (vía Heidelberg) até Pforzheim (atravesando a Selva Negra), e o seu correspondente traxecto de regreso.[4]

En 2011, celebrouse o primeiro Bertha Benz Challenge (Desafío Bertha Benz) na devandita ruta, para automóbiles con novas tecnoloxías en desenvolvemento (híbridos, eléctricos, de hidróxeno) e coa lema «mobilidade sustentable na vía para automóbiles máis antiga do mundo». Tamén en 2011 a súa historia quedou plasmada nunha película.[2]

  1. 1,0 1,1 "La primera mujer al volante, Bertha Benz (1849-1944)". Consultado o 3 de decembro de 2016. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Minera, silvialba (31 de xaneiro de 2013). "Mujeres que nos inspiran: Bertha Benz". Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2016. Consultado o 3 de decembro de 2016. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Bertha Benz, pionera en el mundo del automóvil". Curistoria - Curiosidades y anécdotas históricas. Consultado o 3 de decembro de 2016. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 González, Diego (14 de xullo de 2014). "El accidentado viaje de la señora Benz". Consultado o 3 de decembro de 2016. 

 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Irene Cívico, Sergio Parra e Núria Aparicio (ilustradora). Las chicas van donde quieren. 25 aventureras que cambiaron las historia Editorial Montena, 2019. ISBN: 978-84-1746-064-8

Ligazóns externas

editar