[go: up one dir, main page]

Kłodzko (en alemán:Glatz) é unha cidade de Polonia, no voivodato de Baixa Silesia. Kłodzko foi a capital do condado de Kłodzko, e desde 1975 a 1998 formou parte do antigo voivodato de Wałbrzych. Con 28 148 habitantes (2007), Kłodzko é o principal centro comercial, así como un importante nó de comunicacións e centro turístico da zona. Polos seus monumentos históricos denomínase ás veces como a "Pequena Praga" (en polaco, Mała Praga; en alemán, Klein-Praga). Cultural e tradicionalmente bohemia, administrativamente foi unha parte da Silesia prusiana desde 1763, e de Alemaña até 1945.

Modelo:Xeografía políticaKłodzko
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 50°26′19″N 16°39′18″L / 50.4386, 16.655
EstadoPolonia
VoivodatosBaixa Silesia
PowiatCondado de Kłodzko (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación25.717 (2021) Editar o valor en Wikidata (1.028,68 hab./km²)
Xeografía
Superficie25 km² Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Evento clave
26 de xullo de 1760Siege of Glatz (en) Traducir
1997Inundación Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal57-300 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Outro
Irmandado con

Sitio webklodzko.pl Editar o valor en Wikidata

Xeografía

editar

Kłodzko está situada ao suroeste de Polonia, nun val dos Sudetes, bañada polo río Nysa Kłodzka, afluente do Oder. Esténdese por unha superficie de 24,84 km². Segundo o censo de 2007 tiña 28 148 habitantes, o que fai unha densidade de poboación de 1 133 hab/km². A cidade é un importante nó de estradas rexional.

 
Panorámica de Kłodzko.

Historia

editar

Idade media

editar

Kłodzko é unha das máis antigas cidades da Baixa Silesia. O cóengo checo Kosmas menciónaa xa na súa crónica en 981.

Desde principios do século XII, Polonia e Bohemia disputan a vila. En 1114, o duque bohemio Sobieslao I incéndiaa. Segundo o tratado de paz asinado en 1137, o duque Boleslao III renuncia ás súas pretensións sobre Kłodzko.

Contra 1250, Kłodzko recibiu os privilexios urbanos (dereito de Magdeburgo). En 1278, pasa ás mans dos Piastas e foi incorporada por Henrique IV o Xusto ao ducado de Wrocław.

Idade Moderna e Contemporánea

editar

En 1526, Kłodzko pasa a ser un feudo dos Habsburgo. Decontado, a cidade, entón co nome de Glatz, reemprende o seu crecemento.

Durante a Guerra de sucesión austríaca, a cidade cambia varias veces de mans. Finalmente foi conquistada polos prusianos en 1743 e anexionada a Prusia en 1763.

En 1807, despois dun longo sitio, foi conquistada polos franceses. Despois da caída de Napoleón, Glatz volve a Prusia. A cidade permanece unida ao resto de Alemaña por unha liña de ferrocarril. Nesta época viviu na cidade o científico e aventureiro Wilhelm Hemprich.

A finais do século XIX, a actividade turística comeza a desenvolverse na rexión.

Séculos XX e XXI

editar

En 1910, Glatz conta con 17 121 habitantes dos cales 13 629 son católicos, 3 324 protestantes e 150 xudeus. A partir de 1936, os xudeus son vítimas de actos antisemitas e a maior parte deles emigran, de xeito que en 1939 non quedan máis que 25.

Durante a Segunda guerra mundial, o seu castelo foi transformado en prisión. A Gestapo converteuno nun do centros de detención máis crueis de Silesia. A cidade non foi demasiado danada pola guerra, e foi tomada polo Exército Vermello, que non encontrou moita resistencia. Os nazis na súa fuxida destruíron as pontes, permanecendo unicamente a vella ponte gótica construída en 1390.

Despois da capitulación de Alemaña, a cidade pasa a soberanía polaca e cambia de nome; os alemáns foron case todos expulsados, e substituídos por polacos expulsados dos territorios anexionados pola URSS.

Na actualidade, Kłodzko é un dos centros culturais, comerciais e turísticos máis importantes da Baixa Silesia.

Galería de imaxes

editar

Véxase tamén

editar