[go: up one dir, main page]

Ethiopian Airlines

Ethiopian Airlines (amhárico: የኢትዮጵያ አየር መንገድ, Yäitəyop̣əya äyärə mänəgädə); acurtado como የኢትዮጵያ, Yäitəyop̣əya), anteriormente Ethiopian Air Lines (EAL) e normalmente coñecida sinxelamente como Ethiopian, é a aeroliña nacional de Etiopía e pertence na súa totalidade ao goberno do país. EAL fundouse o 21 de decembro de 1945 e comezou a operar o 8 de abril de 1946, iniciando voos internacionais en 1951. En 1965 cambiou o seu nome de Ethiopian Air Lines a Ethiopian Airlines. A aeroliña é membro da Asociación de Transporte Aéreo Internacional dende 1959 e da Asociación de Aeroliñas Africanas (AFRAA) dende 1968.[1] Ethiopian é membro da alianza de aeroliñas Star Alliance, á cal se uniu en decembro de 2011.

Ethiopian Airlines
የኢትዮጵያ አየር መንገድ
IATA
ET
OACI
ETH
Indicativo
ETHIOPIAN
Fundación21 de decembro de 1945
Inicio das operacións8 de abril de 1946
Aeroporto principalaeroporto de Adís Abeba-Bole
Plan de voo frecuenteShebaMiles
AlianzaStar Alliance
Frota96
Destinos125 (pasaxeiros)
44 (carga)
HoldingGoberno de Etiopía
Eslogan da compañíaThe New Spirit of Africa
Sedeaeroporto de Adís Abeba-Bole
Páxina web: https://www.ethiopianairlines.com/US/EN

O seu centro de conexións e sede atópanse no aeroporto de Adís Abeba-Bole,[2] dende onde serve unha rede de 125 destinos de pasaxeiros e 44 de carga.[3] Ethiopian voa a máis destinos en África que calquera outra aeroliña. É unha das compañías cun crecemento máis rápido na industria[4][5] e é a máis grande do continente africano.[6]

En outubro de 2017 a frota de Ethiopian Airlines estaba formada polos seguintes avións:[7]

Frota de Ethiopian Airlines
Frota de pasaxeiros
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
C Y Total
Airbus A350-900 7[3] 17 30 318 348
30 313 343[8]
Boeing 737-700 8 16 102 118
Boeing 737-800 16 16 138 154
Boeing 737 MAX 8 30 TBA
Boeing 767-300ER 6 24 208 232 Van ser retirados en 2017/18[9]
24 211 235
24 213 237
24 221 245
30 190 220
Boeing 777-200LR 6 34 287 321
Boeing 777-300ER 4 34 365 399
Boeing 787-8 19 24 246 270
Boeing 787-9 2[10] 6[3] TBA
Bombardier Dash 8 Q400 20 3[11] 78 78
7 64 71
Frota de carga
Boeing 737-800SF 2[12] Carga Entregas en xuño de 2018 e xaneiro de 2019[12]
Boeing 757-200PCF 2 Carga
Boeing 777F 6 4[13] Carga
Total 96 62
  1. AFRAA (ed.). "Ethiopian Airlines". Consultado o 3 de abril de 2018. 
  2. Centre for Aviation (ed.). "Ethiopian Airlines". Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2014. Consultado o 3 de abril de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Ethiopian Airlines (ed.). "Ethiopian Fact Sheet March 2018". Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2018. Consultado o 3 de abril de 2018. 
  4. CNN (ed.). "Ethiopian Airlines - Bringing the Dreamliner to Africa". Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2022. Consultado o 3 de abril de 2018. 
  5. Sudan Tribune (ed.). "Ethiopian Airlines distinguished with African Cargo Airline Award". Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2012. Consultado o 3 de abril de 2018. 
  6. The Economist (ed.). "Well-connected". Consultado o 3 de abril de 2018. 
  7. Ethiopian Airlines (ed.). "Our fleet". Consultado o 3 de abril de 2018. 
  8. Air Transport World (ed.). "Aircraft Briefs-Feb. 8, 2017". Archived from the original on 10 de febreiro de 2017. Consultado o 3 de abril de 2018. 
  9. Aviation Week (ed.). "After 787 Delivery Ethiopian’s Plan Now Calls For Narrowbody Order". Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2013. Consultado o 3 de abril de 2018. 
  10. Boeing (ed.). "Boeing, Ethiopian Airlines Celebrate Delivery of First 787-9 Dreamliner". Consultado o 3 de abril de 2018. 
  11. Ethiopian Airlines (ed.). "Ethiopian-FactSheet-January-2018" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de xaneiro de 2018. Consultado o 3 de abril de 2018. 
  12. 12,0 12,1 Air Transport World (ed.). "Ethiopian to lease Boeing 737 freighters from GECAS". Archived from the original on 23 de xaneiro de 2018. Consultado o 3 de abril de 2018. 
  13. Boeing (ed.). "Boeing, Ethiopian Airlines Announce Order for Four 777 Freighters". Consultado o 3 de abril de 2018. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar