Dorothy Crowfoot Hodgkin
Dorothy Crowfoot Hodgkin, nada no Cairo o 12 de maio de 1910 e finada en Ilmington o 29 de xullo de 1994, foi unha química británica. Recibiu o Premio Nobel de Química polo seu traballo en cristalografía.
Traxectoria
editarEstudou química en Oxford e Cambridge antes de comezar as súas investigacións no Somerville College de Oxford en 1936, posto que mantivo ata 1977. Foi unha pioneira na cristalografía de raios X, descubrindo a estrutura química da penicilina nos anos 40 do século pasado (o que permitiu a súa fabricación sintética) así como a da vitamina B12 e a insulina, esta última tras unha longa investigación de 34 anos. No 1960 foi nomeada Wolfson Research Professor na Royal Society e no 1976 foi medalla Copley pola mesma institución. No 1964 accedeu á Orde do Mérito, no lugar deixado vacante por Winston Churchill.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Cívico, Irene; Parra, Sergio (2018). Las chicas son de ciencias. 25 científicas que cambiaron el mundo. Barcelona: Penguin Random House. pp. 88-91. ISBN 978-84-9043-882-4.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1964 (en inglés)
- Biografía na páxina do Instituto Nobel 1964 (en inglés)
Predecesor: Karl Ziegler Giulio Natta |
Premio Nobel de Química 1964 |
Sucesor: Robert Burns Woodward |