[go: up one dir, main page]

Diego Rivas Gutiérrez

futbolista español

Diego Rivas Gutiérrez, nado en Cidade Real o 27 de abril de 1980, é un futbolista español. Xoga de centrocampista e o seu club actual é a SD Eibar.

Modelo:BiografíaDiego Rivas Gutiérrez
Biografía
Nacemento27 de abril de 1980 Editar o valor en Wikidata (44 anos)
Cidade Real, España Editar o valor en Wikidata
Altura180 cm Editar o valor en Wikidata
Peso80 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1998 Editar o valor en Wikidata -
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1998–2000 Atlético de Madrid C 32(0)
2000–2002   Atlético de Madrid B 69(3)
2002–2003 cesión   Getafe CF 31(3)
2002–2003   Atlético de Madrid 3(0)
2004–2006   Getafe CF 83(0)
2006–2011   Real Sociedad 124(3)
2007–2008 cesión   Cádiz CF 20(0)
2011–2013   Hércules CF 57(0)
2013–2014   Sociedad Deportiva Eibar 24(0)
2014–2015 CF Badalona Futur 20(0)
2015– Unión Deportiva Socuéllamos
2016–2018 CD Manchego Ciudad Real 71(3)

Twitter: 13DiegoRivas Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

O seu primeiro equipo foi o Amorós, integrado na estrutura da canteira do Atlético de Madrid.

Tras un efémero paso polo primeiro equipo, no que debutou o 20 de setembro de 2003 no partido Atlético 0-Valencia CF 3, é no Getafe CF onde realmente se asenta como xogador profesional. No conxunto madrileño saca a relucir todo o seu poderío físico e convértese nun xogador imprescindible.

En xullo de 2006 é traspasado á Real Sociedad, sendo José Mari Bakero o principal valedor para a súa fichaxe. Debuta o 27 de agosto de 2006 no partido Athletic Club 1 Real Sociedad 1. As expectativas creadas en Donostia debido ao montante da súa fichaxe son unha rémora para o xogador e o seu rendemento non pasa de discreto.

En agosto de 2007 marchou ao Cádiz en calidade de cedido, onde luciu o dorsal 19. Logo da súa cesión regresou a Donostia, onde aos poucos se foi gañando o respecto da afección. O seu despregamento físico recorda nesta etapa aos seus mellores momentos en Getafe, onde en maio de 2011 acabou a súa relación coa Real Sociedad como titular indiscutible e aclamado pola afección no último partido contra o Getafe no que lograron a permanencia en Primeira División.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar