Avaricia
A avaricia é a ansia de acumular e atesourar diñeiro, riquezas e máis obxectos mesmo privándose do máis necesario[1].
Está catalogada coma un pecado pola maioría das relixións e o termo te sempre connotacións negativas.
Dante considerábao o quinto pecado en importancia. Relaciónao con verbas coma: cobiza, arela, degoiro ou devezo. É o vicio por excelencia do capitalismo segundo os seus detractores, xa que é o que sustenta as arelas de consumo que permite que aguante o sistema. Por iso a publicidade tende a incitar a avaricia e adquirir moito máis do que é necesario.
O budismo di que a avaricia xorde da ligazón errónea entre riqueza e ledicia e por iso propugna eliminar o vínculo co mundo material, falso e fonte de tristura.
O avaro coma personaxe
editarO avaro converteuse nun personaxe literario arquetípico (inicialmente eran sempre xudeus, polo antisemitismo reinante): unha persoa que vive miserabelmente malia ter diñeiro porque non o quere gastar e que sempre desconfía dos outros, potenciais ladróns ou desprendidos, feito que provoca que remate tendo mal carácter ou até actúe coma antagonista. A figura foi exportada ao cinema.
Os avaros de ficción adoitan ter un rol cómico (o seu amor ao diñeiro fainos vivir situacións ridículas) ou ben moral, xa que rematan recibindo un castigo.
Algúns avaros sonados son:
- Harpagon, de l'obra O avaro de Molière, probabelmente a orixe do nome do arquetipo.
- Montgomery Burns, de The Simpson.
- Ebenezer Scrooge, de Un conto de Nadal de (Dickens).
- Scrooge McDuck, personaxe da Disney que parodia o anterior (o nome en castelán é Tío Gilito)
- Shylock, d'O mercador de Venecia (The Merchant of Venice) de Shakespeare, a encarnación típica do xudeu avaro.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para avaricia.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Avaricia |