[go: up one dir, main page]


Carl Richard Woese, nado en Siracusa, Nova York, Estados Unidos o 15 de xullo de 1928 e finado en Urbana, Illinois, Estados Unidos o 30 de decembro de 2012,[1] foi un microbiólogo estadounidense.

Modelo:BiografíaCarl Woese

(2004) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento15 de xullo de 1928 Editar o valor en Wikidata
Syracuse, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte30 de decembro de 2012 Editar o valor en Wikidata (84 anos)
Urbana, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro de páncreas Editar o valor en Wikidata
ResidenciaUrbana (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Yale - Doutor en filosofía (–1953)
Amherst College - grao en Artes (–1950)
Deerfield Academy (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Director de teseErnest Pollard (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoMicrobioloxía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmicrobiólogo, biólogo, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Illinois en Urbana-Champaign Editar o valor en Wikidata
Membro de
Interesado enMicrobioloxía Editar o valor en Wikidata
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaWoese Editar o valor en Wikidata
Premios

WikiTree: Woese-1

Traxectoria

editar

Woese foi o creador da nova taxonomía molecular baseada na comparación entre especies da chamada secuencia do ARN ribosomal 16s e 18s que comparten todos os seres vivos do planeta e que apenas sufriu cambios desde a aparición na Terra das primeiras formas de vida microbiolóxicas. As súas análises filoxenéticas en 1977 levárono ao descubrimento dun novo dominio, o das arqueas (Archaea).

A aceptación da validez das arqueas, que son organismos procariotas pero non bacterias, foi un proceso lento. Figuras relevantes como Salvador Luria e Ernst Mayr non estaban de acordo con esta división dos procariotas, aínda que as súas críticas non se reducían ao ámbito científico. Non foi até mediados da década de 1980 cando a crecente cantidade de datos levou á comunidade científica á aceptación do novo dominio.

Woese ingresou na Academia Nacional de Ciencias en 1988, en 1992 recibiu a Medalla Leeuwenhoek, en 2000 a National Medal of Science e en 2003 foi galardoado co premio Crafoord pola Academia sueca de Ciencias.[2][3]

Faleceu o 30 de decembro de 2012 en Urbana, Estados Unidos, aos 84 anos de idade.[1]

Principais publicacións

editar

Libros

editar

Artigos

editar
  1. 1,0 1,1 "Visionary UI biologist Carl Woese, 84, dies" (en inglés). The News - Gazette. 30 de decembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2013. Consultado o 6 de agosto de 2014. 
  2. "Selman A. Waksman Award in Microbiology". National Academy of Sciences. Arquivado dende o orixinal o 12 de xaneiro de 2011. Consultado o 6 de agosto de 2014. 
  3. Morrison, David (10 de decembro de 2003). "Carl Woese and New Perspectives on Evolution". NASA. Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2010. Consultado o 6 de agosto de 2014. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar