[go: up one dir, main page]

Premio Capital Verde Europea

(Redirección desde «Capital Verde Europea»)

O Premio Capital Verde Europea (en inglés: European Green Capital Award) é un galardón instituído e xestionado pola Comisión Europea para recoñecer ás cidades que mellor se ocupan da protección e conservación do ambiente e da contorna vital dos seus habitantes. A cidade que cada ano ostenta a capitalidade exerce de modelo de actuación verde e comparte as súas prácticas con outras cidades.[1]

Vitoria, Capital Verde Europea 2012

O premio está aberto, ademais da os 27 países membros da Unión Europea, aos países candidatos oficiais (Turquía, Montenegro, Macedonia do Norte, Croacia e Islandia), así como aos países do Espazo Económico Europeo (Islandia, Noruega e Liechtenstein).

Cidades galardoadas

editar

Designacións

editar

2010 e 2011

editar

35 cidades presentaron a súa solicitude para ser designadas Capital Verde Europea 2010 ou 2011. Estocolmo e Hamburgo resultaron elixidas respectivamente por un xurado específico en febreiro de 2009. As demais finalistas foron:   Ámsterdan,   Bristol,   Copenhaguen,   Friburgo,   Münster e   Oslo.

2012 e 2013

editar

Para a convocatoria de 2012 e 2013 presentáronse 17 cidades. No transcurso da conferencia de Capital Verde Europea en Estocolmo, o 21 de outubro de 2010, designouse a Vitoria e Nantes como Capital Verde Europea 2012 e 2013 respectivamente. As outras catro finalistas foron:   Barcelona,   Malmö,   Núremberg e   Reiquiavik.[6]

  1. "Vive vostede nunha "cidade verde"?". ec.europa.eu. 2008. Consultado o 24-10-2010. 
  2. "Stockholm - European Green Capital 2010". ec.europa.eu. Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2011. Consultado o 05 de xaneiro de 2012. 
  3. "Hamburg - European Green Capital 2011". ec.europa.eu. Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2011. Consultado o 05 de xaneiro de 2012. 
  4. "Vitoria-Gasteiz - European Green Capital 2012". ec.europa.eu. Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2011. Consultado o 05 de xaneiro de 2012. 
  5. "Nantes - European Green Capital 2013". ec.europa.eu. Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2011. Consultado o 05 de xaneiro de 2012. 
  6. "A CE elixe a Vitoria Capital Verde Europea para 2012". abc.es. 2010. Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2014. Consultado o 05 de xaneiro de 2012. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar