[go: up one dir, main page]

Lahti (en sueco Lahtis) é unha cidade da rexión de Päijänne Tavastia (Finlandia). A cidade ten unha poboación de 102.358 habitantes (2012), o que a converte na oitava cidade máis grande de Finlandia.

Modelo:Xeografía políticaLahti
Lahti (fi)
Lahtis (sv) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 60°58′49″N 25°39′18″L / 60.98038, 25.65499
EstadoFinlandia
Axencia RexionalFinlândia Meridional (pt) Traducir
RexiónPäijänne Tavastia Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación120.809 (2024) Editar o valor en Wikidata (262,91 hab./km²)
Lingua oficiallingua finesa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaSubrexión de Lahti Editar o valor en Wikidata
Superficie459,5 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude122 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1905 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoNiko Kyynäräinen (en) Traducir (2024–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoLahti City Council (en) Traducir , (Escano: 59) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Fuso horario
Outro
Irmandado con
Randers (pt) Traducir
Norberg (en) Traducir
Tamsalu (en) Traducir
Västerås (pt) Traducir (1940–)
Ålesund (1947–)
Akureyri (1947–)
Zaporizhzhia (1953–)
Pécs (1956–)
Garmisch-Partenkirchen (1987–)
Suhl (1988–)
Kaluga (pt) Traducir (1994–)
Narva (1994–)
Deyang (pt) Traducir (2000–)
Wuxi (pt) Traducir (2011–) Editar o valor en Wikidata

Páxina weblahti.fi Editar o valor en Wikidata
Facebook: lahdenkaupunki Twitter: LahdenKaupunki Instagram: cityoflahti LinkedIn: city-of-lahti TikTok: cityoflahti Editar o valor en Wikidata

Historia

editar

Lahti conseguiu o recoñecemento de cidade en 1905, aínda que se coñece a súa existencia dende 1443. O seu desenvolvemento remóntase á construción da liña de ferrocarril que une as cidades de Helsinqui e San Petersburgo, construída en 1870 e tamén grazas ao asentamento de refuxiados da Guerra de Inverno que enfrontou a Finlandia e Rusia no século XX.

Xeografía

editar
  Lahti
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Ano
Temperatura media máxima (°C) -3,5 -3,5 1,6 8,6 16,0 19,9 22,7 20,4 14,4 7,8 1,6 -1,9
8,7
Temperatura media (°C) -6,4 -7,0 -2,7 3,5 10,1 14,4 17,2 15,1 9,7 4,6 -0,6 -4,5
4,5
Temperatura media mínima (°C) -9,8 -10,9 -6,9 -1,5 3,7 8,4 11,3 9,9 5,4 1,4 -3,1 -7,6
0
Precipitacións (mm) 48 34 35 28 43 65 77 75 58 65 58 50
636
Fonte: Tilastoja Suomen ilmastosta 1981-2010[Ligazón morta]

Cultura

editar
 
Exterior do Sibeliustalo.

Lahti é unha cidade cun ambicioso programa cultura, e nos últimos anos viu a construción dun gran pazo de congresos e sala de concertos, o Sibeliustalo (Sibelius Hall). Lahti conta cunha das orquestras sinfónicas máis coñecidas de Finlandia, a Sinfonía Lahti, que interpreta música clásica e popular, principalmente obras do compositor finés Jean Sibelius.

A programación musical anual de Lahti inclúe eventos como o Festival de Órgano de Lahti, Jazz na praza do mercado e o Festival Sibelius.

Deporte

editar

Lahti é moi coñecida por organizar anualmente a Copa do Mundo de deportes de inverno, a Salpausselän kisat. Os eventos de saltos de esquí do Salpausselän kisat forman parte do Nordic Tournament.

Nos Xogos Olímpicos de 1952, foi a sede das roldas preliminares do torneo de fútbol.

A cidade organizou tamén os Xogos Mundiais de 1997. Tamén no 2010, converteuse na única cidade que organizou seis veces o Campionato Mundial de Eskí Nórdico (1926, 1938, 1958, 1978, 1989, 2001 e 2010).

Lahti conta tamén cun equipo profesional de hóckey sobre xeo, os Pelicans, un club de fútbol, o FC Lahti, e un de baloncesto, o Namika Lahti. En xullo e agosto de 2009, Lahti acolleu o 18º World Masters Athletics Championships, unha competición anual de atletismo destinada a mulleres e homes de 35 anos ou máis.