[go: up one dir, main page]

Blender

Software libre multiplataforma, dedicado á edición tridimensional

Blender é un programa informático de código aberto, de Blender Foundation, para modelaxe, animación, texturas, composición, renderizado, edición de vídeo e creación de aplicacións interactivas en 3D: xogos, presentacións e outros, a través de seu motor de xogo integrado, Blender Game Engine. Está dispoñíbel para GNU GPL, versión 2 ou posterior. Blender posúe aínda partes licenciadas sobre Python Software Foundation License.

Blender
Captura de Blender 3.2.0
Desenvolvedor(es)Blender Foundation
Última versión3.2
(8 de xuño de 2022)
Repositorioprojects.blender.org/blender/blender.git
Sistema operativoMultiplataforma
Lingua/sVarias
TipoDeseño 3D
LicenzaGPL
Sitio webblender.org

O programa é multiplataforma, estando portado para diversos sistemas operacionais. Blender desenvolve ferramentas similares ás doutros programas propietarios, que inclúen avanzadas ferramentas de simulación, dinámica de corpo ríxido, dinámica de fluídos, ferramentas de modelaxe baseadas en modificacións, ferramentas de animación de personaxes, un sistema de composición baseado en nós de texturas e imaxes, e un editor de imaxe e vídeo, con soporte a posprodución. Inclúe soporte Python como linguaxe de script, que pode ser usada en Blender.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar