Artea
Artea (antes chamado oficialmente Castillo y Elejabeitia; usándose en éuscaro os nomes de Gaztelu-Elexabeitia e Arteaga) é un municipio do val de Arratia, na provincia de Biscaia, País Vasco.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | País Vasco | |||
Provincia | Biscaia | |||
Comarcas | Arratia-Nerbioi | |||
Capital | Artea (en) | |||
Poboación | ||||
Poboación | 754 (2023) (60,81 hab./km²) | |||
Lingua oficial | lingua éuscara (lingua predominante) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 12,4 km² | |||
Altitude | 125 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Organización política | ||||
• Alcalde | Alberto Etxebarria Gurtubai (en) | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 48142 | |||
Fuso horario | ||||
Código INE | 48023 | |||
Páxina web | artea-udala.org |
Patrimonio
editarEn Artea atópase a pequena igrexa parroquial de San Miguel, de planta rectangular simple. Foi edificada a principios do século XVI e completada nos cen anos sucesivos con distintos elementos de carpintería de armar de certo interese: o coro tallado de celosía (1540 ca.), o teitume aparente de pares con almizate plano (1600 ca.) e a torre de campás, armada en 1621, deformada por Basterra en 1923 e completamente restaurada co resto do edificio en 1990. Dispón dun pórtico perimétrico envolvente que inclúe unha capela aberta e zona destinada a cemiterio ao redor da cabeceira.