Biscaia
Biscaia[1][2] (en éuscaro e oficialmente: Bizkaia; en castelán: Vizcaya) é unha provincia de Euskadi, ademais de ser unha das sete provincias do histórico País Vasco. Dá nome ao golfo de Biscaia e sitúase ao norte da Península Ibérica, limitando ao norte co mar Cantábrico, ao sueste coa provincia de Burgos, ao sur con Áraba, ao leste coa provincia de Guipúscoa e ao oeste con Cantabria. A súa capital é Bilbao.
Bizkaia (eu) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | País Vasco | ||||
Capital | Bilbao | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.154.334 (2021) (520,67 hab./km²) | ||||
Lingua usada | lingua éuscara | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 2.217 km² | ||||
Bañado por | Mar Cantábrico | ||||
Punto máis alto | Gorbeia (1.481 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | Deputación Foral de Biscaia | ||||
• Deputado Xeral | Elixabete Etxanobe | ||||
Órgano lexislativo | Xuntas Xerais de Biscaia , | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 48 | ||||
ISO 3166-2 | ES-BI | ||||
Código NUTS | ES213 | ||||
Código INE | 48 | ||||
Páxina web | bizkaia.net |
A provincia esténdese por unha superficie de 2217 km², e no ano 2006 contaba cunha poboación de 1 139 863 habitantes, polo que ofrecía unha elevada densidade de cerca de 514 hab/km².
Etimoloxía
editarO termo Biscaia ten unha etimoloxía discutida. Para algúns significa cima, e sería un sinónimo da actual palabra vasca bizkar 'touticeira'.[3] No ano 1141 en referencia á cima do monte Igeldo de Donostia, aparece inscrito o seguinte topónimo: Iheldo Bizchaya (cima de Igeldo); tamén en Navarra, hai unha comarca denominada "A Biscaia", que pode significar "A cima". Propuxéronse tamén outras etimoloxías, como bits-kaia (porto de espuma), menos probables.
Poboación
editarSegundo o censo INE 2007, Biscaia conta con 1 141 457 habitantes (denominados "biscaíños") e a súa densidade de poboación é de 514,1 hab/km;, só superada por Madrid e Barcelona. Quinta provincia española por poboación en 1981, a pesar da crise demográfica que vén sufrindo desde a Transición é aínda a novena provincia española en número de habitantes. Debido a que desde principios dos 80 presentou un forte saldo migratorio negativo cara a outras rexións de España, contaba no 2005 tan só cun 3,19% de estranxeiros, cinco puntos e medio menos que a media nacional.
Concellos máis poboados (2010)[4] | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Posición | Concello | Poboación | |||||
1ª | Bilbao | 353.187 | |||||
2ª | Barakaldo | 99.321 | |||||
3ª | Getxo | 80.277 | |||||
4ª | Portugalete | 47.856 | |||||
5ª | Santurtzi | 47.004 | |||||
6ª | Basauri | 42.452 | |||||
7ª | Leioa | 29.217 | |||||
8ª | Sestao | 29.224 | |||||
9ª | Galdakao | 29.254 | |||||
10ª | Durango | 28.261 | |||||
11ª | Erandio | 24.294 | |||||
12ª | Amorebieta-Etxano | 17.969 | |||||
13ª | Bermeo | 17.026 | |||||
14ª | Mungia | 16.527 | |||||
15ª | Gernika-Lumo | 16.295 |
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para biscaíño.
- ↑ López Martínez, María Cruz (2005). Gran dicionario século 21 da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1442. ISBN 9788482893419.
- ↑ Auñamendi Eusko Entziklopedia - Etimoloxía
- ↑ Fonte: INE Instituto Nacional de Estadística (01-01-2010). Real Decreto 2124/2008, do 26 de decembro [1] Arquivado 01 de xaneiro de 2009 en Wayback Machine.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Biscaia |