1274
Ano
1274 | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Calendario gregoriano | 1274 MCCLXXIV | ||||||||||||||||||
Ab urbe condita | 2027 | ||||||||||||||||||
Calendario armenio | 723 | ||||||||||||||||||
Calendario chinés | 3970 – 3971 | ||||||||||||||||||
Calendario hebreo | 5034 – 5035 | ||||||||||||||||||
Calendario hindú | |||||||||||||||||||
· Vikram Samvat | 1329 – 1330 | ||||||||||||||||||
· Shaka Samvat | 1196 – 1197 | ||||||||||||||||||
· Kali Yuga | 4375 – 4376 | ||||||||||||||||||
Calendario persa | 652 – 653 | ||||||||||||||||||
Calendario musulmán | 672 – 673 | ||||||||||||||||||
Calendario rúnico | 1524 | ||||||||||||||||||
|
Acontecementos
editarEuropa
editar- Coroación de Eduardo I de Inglaterra.
- 7 de maio-6 de xullo - Concilio de Lión II:
- Unión das Igrexas de Occidente e Oriente: Miguel VIII Paleólogo recoñece a primacía romana para neutralizar o papado e impedir os proxectos orientais de Carlos I de Anjou.
- Proxecto de reconquista da Terra Santa.
- Institución do conclave que regulamenta a elección pontificia.
- Carlos I de Anjou, privado do apoio papal, debe concluír unha tregua con Bizancio, que se aproveita para reforzarse na Albania e Morea, en canto que os corsarios lle devolven o dominio do mar Exeo.
- A unión das Igrexas, puramente política, non é comprendida nin polo clero nin polo pobo grego. Rexeitada de principio polos estados gregos disidentes Epiro, Tesalia, é abandonada polo papa e por Andrónico II Paleólogo cando cesa a necesidade política.
- O papa Gregorio X adquire o Condado de Venecia.
- Filipe III de Francia casa con María de Brabante.
- Filipe III de Francia adquire o condado de Nemours, que integra no dominio real.
- Lei nacional norueguesa: Magnus Lagaböter fai realizar un importante traballo de codificación. As leis provinciais transcríbense e examínanse co obxectivo de chegar ao establecemento dunha lexislación nacional, que se logrará en 1277.
África
editar- O rei da Etiopía Yekouno Amlak pide a través do soberano do Iemen un novo bispo ao sultán do Cairo, mais este rexeita a petición dado que o soberano etíope lle fai a guerra aos príncipes musulmáns establecidos no leste do seu reino, en concreto ao sultán de Ifat, que ameaza a provincia de Choa.
Asia
editar- Primeira tentativa infrutuosa de invasión do Xapón polos mongois: a invasión é rexeitada en Tsushima, en parte polo tifón (kamikaze, ou "vento dos deuses").
- Morre Tou-tsong, emperador Song da China. O seu ministro Kia Sseu-tao coloca no trono a un neno de catro anos.
- Á morte do djaghataide Togatemur, Qaidu coloca a Douwa, fillo de Barak, no trono de Transoxiana (até 1306). Douwa apoia ao seu soberano dentro das súas pretensións ao título de Gran khan.
Oriente Próximo
editar- Gregorio X tenta en van asociar aos mongois da Persia e ao emperador bizantino Miguel Paleólogo á cruzada.
Nacementos
editar- Roberto I de Escocia, coñecido como Robert Bruce, rei.
- Erik VI de Dinamarca.
- Catarina de Courtenay, emperatriz titular do Imperio Latino de Constantinopla (m. 1307).
Mortes
editar- 7 de marzo - Gregorio de Aquino, teólogo e filósofo italiano, chamado ás veces o doutor anxelical ou o príncipe da escolástica.
- 14 de xullo - San Boaventura, teólogo italiano e xeneral dos franciscanos, chamado o doutor seráfico, coñecido sobre todo polos seus escritos espirituais. (n. 1217).
- 12 de agosto - Olivier de Termes, cabaleiro occitano, xefe do continxente francés da Terra Santa (n. 1217).
- Nasir ad-Din at-Tusi, astrónomo (n. 1201).
- Tomé de Aquino, teólogo e filósofo medieval (n. 1225).
Outros
editar- Dante coñece a Beatriz, xove da que fica prendado e que exaltará como símbolo da graza divina na Vita nuova e posteriormente na Divina Comedia.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 1274 |