[go: up one dir, main page]

Homo erectus

Especies de homínidos antecesores humanos extintos.
Revisión feita o 25 de xaneiro de 2017 ás 13:30 por Unhanova (conversa | contribucións)

Homo erectus
Rango fósil: Plistoceno
Ficheiro:Homo erectus adult female - head model - Smithsonian Museum of Natural History - 2012-05-17.jpg
Reconstrución da cara

Reconstrución do esqueleto
Reconstrución do esqueleto

Estado de conservación
Extinto (fósil)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Primates
Familia: Hominidae
Xénero: 'Homo'
Especie: ''H. erectus''
Nome binomial
Homo erectus'
(Dubois, 1892)
Sinonimia

O Homo erectus foi unha especie homínida, que se atopa desde o Plistoceno en diante, entre 1.8 de anos atrás a hai 143 mil. Orixinouse en África e expandiuse chegando de Inglaterra, a Xeorxia, a India, Sri Lanka, China e a Xava[1][2].

Hai desacordos en pé sobre da súa clasificación, devanceiros e a súa proxenie, sendo as principais liñas de debate dúas: que erectus é outro nome para o Homo ergaster, e polo tanto antecesor directo dos homínidos posteriores como 'Homo heidelbergensis, Homo neanderthalensis, e Homo sapiens; ou que fora unha especie distinta asiática diferente da africana ergaster.

Descubriuna Eugène Dubois en 1891, en Xava. O primeiro en propoñer o nome foi Ernst Mayr para unificar a clasificación dos fósiles asiáticos. Tiña feituras dun humano moderno, cunha capacidade cranial maior ca do Homo habilis. A fronte era menos prominente e presentaba protuberancias óseas enriba das órbitas dos ollos, coñecidos como arcos superciliares, e os dentes máis pequenos, deseñados para mastigar materiais vexetais duros e carne. O cerebro era o 74% do dos humanos modernos, e de altura alta (1,79 m de media).

O Homo erectus tamén empregou utensilios máis diversos e sofisticados que os seus predecesores. Unha teoría é que o Homo erectus primeiro usou útiles do estilo da cultura de Olduvai e posteriormente usounos da cultura achelense. Os útiles que conservamos de ambos os dous períodos son de pedra. Os útiles de Olduvai son os útiles coñecidos máis antigos e teñen unha antigüidade de 2,4 millóns de anos. A cultura achelense comezou hai 1,2 millóns de anos e finalizou hai 500.000 anos. A innovación máis importante está asociada cos machados achelenses, nos que se traballaba a pedra nos dous lados para poder cortar obxectos.

O Homo erectus foi o primeiro homínido que tivo como actividade principal a caza, permanecendo a busca de presas como actividade secundaria. Foi a primeira especie humana en saír de África: dende o Gran Val do Rift migrou ata o Mar Vermello e Asia e Europa, aprendendo a dominar a súa contorna por primeira vez e creando posibelmente os rudimentos da linguaxe.

Hai dúbidas sobre se foi capaz de controlar o lume. A evidencia máis antiga de control do lume data de hai 300.000 anos no asentamento de Terra Amata (na costa mediterránea francesa) e o sitio semella estar ocupado por Homo erectus. Semella que houbo outros lugares onde tamén houbo control do lume, datados entre 500.000 e 1.5000.000 en Francia, China e outras áreas, pero dubídase da súa veracidade.

Franz Weidenreich descubriu o asentamento máis importante de Homo erectus en Zhoukoudian, preto de Pequín, que recibiu primeiro o nome de Sinanthropus pekinensis ou Home de Pequín, aínda que máis tarde clasificouse como H. erectus. O cranio da táboa taxonómica procede do sitio de Tautavel, no sur de Francia, escavado por Henry de Lumley.

Homo erectus georgicus

Homo erectus georgicus é o nome da subespecie que ás veces se emprega para describir cranios e mandíbulas que se atoparon en Dmanisi, en Xeorxia. Malia que de primeiras se propuxo como unha especie separada agora clasifícase dentro de Homo erectus[3][4][5]. O esqueleto parcial atopado foi descuberto no 2001 e data de 1.8 millóns de anos de antigüidade.

As explicacións propostas para a dispersión de Homo erectus georgicus son varias[6] Inicialmente pensouse en cranios de Homo ergaster mais as diferenzas de tamaño derivou en propoñer unha nova especie, Homo georgicus, que sería o candidatos a ser un descendente de Homo habilis e antecesor do asiático Homo erectus. Porén, esta clasificación non se mantivo en pé e o fósil agora considérase parte dun subgrupo diverxente de Homo erectus, ás veces denominado Homo erectus georgicus[7][8][9][10].

Lugar do xacemento de Dmanisi, Xeorxia

Cun volume de 600 centímetros cúbicos, o cranio D2700 DATA DE 1.77 millóns de anos e está en boas condicións. Homo erectus georgicus mostra un gran dimorfismo sexual, cos machos significativamente máis grandes cás femias.

Mais adiante atopáronse máis restos fósiles, que mostran unha especie con trazos primitivos no seu cranio e corpo superior pero con características avanzadas nas súas costelas e brazos e que lle proporcionarían unha máis lixeira mobilidade. Non se consideran unha especie separada pero representan un estadio previo entre a transición de Homo habilis e H. erectus e chegan a unha datación de 1.8 millóns de anos[11][12].

Descendentes e subspecies

Homo erectus é unha das especies de Homo que máis viviu, tendo existido sobre un millón de anos, mentres que o Homo sapiens so data de 200 mil anos. Sendo unha especie asiática diferente, non hai un consenso sobre se é ancestral a Homo sapiens ou a outro homínido posterior.

Especies relacionadas

Notas

  1. Hazarika et al.. Homo erectus/ergaster and Out of Africa: Recent Developments in Paleoanthropology and Prehistoric Archaeology|. 2007
  2. Distribution of Acheulian sites in the Siwalik region. An Overview of the Siwalik Acheulian & Reconsidering Its Chronological Relationship with the Soanian – A Theoretical Perspective (en inglés).
  3. Vekua et al.. A new skull of early Homo from Dmanisi, Georgia. Science. Vol 297, 5578, páx. 85–9. 2002.
  4. Lordkipanidze D, Jashashvili T, Vekua A, Ponce deLeon MS, Zollikofer CPE, et al. 2007. Postcranial evidence from early Homo from Dmanisi, Georgia. Nature 449:305–10
  5. Lordkipanidze D, Vekua A, Ferring R, Rightmire GP, Agusti J, et al. 2005. The earliest toothless hominin skull. Nature 434:717–18
  6. Augusti et al.. How "African" was the early human dispersal out of Africa?. Vol 30, 11–12, páx 1338–1342. Quaternary Science Reviews. 2011.
  7. ftp://ftp.soest.hawaii.edu/engels/Stanley/Textbook_update/Science_300/Gibbons-03b.pdf
  8. Ian Tattersall and Jeffrey H. Schwartz. 2009. Evolution of the Genus Homo, Annual Review of Earth and Planetary Sciences, Vol. 37: 67-92
  9. Rightmire GP, Lordkipanidze D, Vekua A. 2006. Anatomical descriptions, comparative studies, and evolutionary significance of the hominin skulls from Dmanisi, Republic of Georgia. J. Hum. Evol. 50:115–41
  10. Leo et al.. Earliest Pleistocene Hominid Cranial Remains from Dmanisi, Republic of Georgia: Taxonomy, Geological Setting, and Age. Science. Vol 288, páx 1019-1025. 2000.
  11. [1] Wilford. New Fossils Offer Glimpse of Human Ancestors. 2007, The New York Time.
  12. Lordkipanidze et al. Postcranial evidence from early Homo from Dmanisi, Georgia. Nature, vol 449, pax 305-310. 2007.