Chopo branco
Chopo branco | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Populus alba | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
O chopo branco[1][2][3], álamo branco[2][4] ou chopo prateado[2] (Populus alba), é unha árbore de ribeira pertencente ás salicáceas. En Galiza non é común agás en xardinaxe.
Etimoloxía
editarNome científico
editarO nome xenérico Populus (do latín, 'popular') por ser abundante e en gran cantidade. O nome específico alba refírese á cor abrancazada do envés das follas.
Orixe e hábitat
editar- Europa, Asia, norte de África.
- Medra no centro e sur de Europa, Asia central, norte de África, e en toda a Península Ibérica, sendo moi escaso en Galiza de xeito natural.
Descrición
editarÁrbore caducifolia corpulenta de forma arredondada e rápido crecemento, que pode acadar os 30 m de altura e 1 m de diámetro, de forma larga e porte de columna, de groso toro e sistema radical forte, con numerosas raíces secundarias longas que emiten multitude de fillos. Casca lisa, abrancazada, cinsenta, fendida, máis escura no baseamento, con cicatrices negrexadas de pólas vella.
A copa é larga e irregular. Poliñas e gomos tomentosos (cubertos de lanuxe).
As follas son caedizas, simples, alternas, ovais ou palmadas, de bordo dentado; cubertas no envés dunha camada mesta aveludada de cor abrancazada. Follas tomentosas nas dúas faces e no pecíolo, variábeis nos gomos, con 3-5 lóbulos, brancas e vilosas de novas, as adultas coa face verde escura, glabra e envés densamente branco-tomentoso, limbo moi polimorfo.
Follas maiores normalmente palmado-lobuladas, de base a xeito de corazón. Follas das poliñas arredondadas a ovadas, pouco lobuladas, con menos tomento. Candeas pénsiles. As masculinas de 3–6 cm de lonxitude, con lanuxe. As femininas máis longas e magras.
Polo outono a coloración é marrón ou amarelenta.
As flores masculinas son grandes e arroibadas, en candeas ou amentos pénsiles, as femininas son de cor amarela-verdosa en pés distintos. Florea de febreiro a abril normalmente, antes de que abrochen as follas.
O froito é nunha cápsula bivalva, ovoide e sen vilosidade. As sementes comportan unha lanuxe a xeito de penacho.
Cultivo e usos
editarCultivo
- Reprodución
- Multiplícase por espeques e por gomos que agroman decote arredor do pé adulto.
- Podas
- Admite podas enérxicas para reducir a molesta floración para persoas alérxicas.
- Solo
- Medra en solos frescos, ricos (mais non ten grandes requirimentos en canto ao tipo de solo, podendo morar en solos pobres calcarios) e húmidos achegados aos regos.
- Ademais, son capaces de medraren nun solo areento costeiro soportando eventuais enchentes por auga de mar no sistema radicular.
- Clima
- Atura ben o frío e as calores excesivas sempre que teña auga dispoñíbel.
- Posúe un crecemento rápido.
- Pola cantidade de fillos que bota, pode competir con outras especies achegadas.
- As súas raíces son agresivas, polo que cómpre desbotar a plantación preto de instalacións ou construcións.
- Condicións: os álamos poden aturar a polución e a influencia do mar polo que é empregado como pantalla de defensa preto do mar.
- Pragas e enfermidades: mosca branca, oídio etc.
Usos
- A madeira úsase en imaxinaría, tamén se usou a casca para curtir e tinxir.
- A madeira homoxénea de densidade lixeira, porosa e de doado secado e rápido; é resistente á abrasión e elástica:
- A madeira utilízase en carpintaría lixeira, pasta de celulosa, paneis, taboleiros, embalaxes, mistos pola súa combustión a modo, chans etc.
- A var. pyramidalis Bunge (chopo boleana, Populus bolleana Carr.) posúe o toro uniformemente ramificado case dende a base e o porte é piramidal. É moi utilizada en plantacións en ringleira polo seu porte. Soporta solos pobres, arxilosos ou calcarios. É orixinaria do Turquestán.
- Aplicacións máxicas: o álamo branco (Eadha) correspondía coa letra E no antigo alfabeto druídico Ogham:
- As xemas e follas do chopo prateado levábanse no peto para atraer o diñeiro.
- Cultívase coma árbore ornamental, mais necesitan de espazos amplos. Dan nome ao tipo de xardín urbano denominado alameda (ex. Alameda de Vigo). Plantábanse para dar sombra nas vilas e pola cor da súa casca, co contraste das súas follas e o agradábel recendo que ten.
- Moi utilizado coma pantalla do vento e en camiños preto do mar.
- Popularmente recoñécese o chopo prateado como unha árbore con propiedades de sandar. As chagas de hospitalización e outras feridas menos graves poden curarse utilizando a auga de cocemento das súas follas (ou da casca) para lavar as mesmas.
Árbores senlleiras en Galiza
editarO chopo branco do balneario de Cuntis está incluído no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia.
- Octima canescens Raf. 1838
- Populus denudata A.Braun in Hartig, 1850
- Populus bogueana Dode, 1905
- Populus floccosa Dode, 1905
- Populus globosa Dode, 1905
- Populus heteroloba Dode, 1905
- Populus hickeliana Dode, 1905
- Populus megaleuce Dode, 1905
- Populus peroneana Dode, 1905
- Populus triloba Dode, 1905
- Populus berkarensis Poljakov 1950
- Populus excelsa Salisbury 1796 (nom. illeg.)
- Leuce alba (L.) Opiz 1852 (nom. inval.)
- Populus hopeiensis Poljakov, 1950 (nom. inval.), non Hu & H.F.Chow, 1934
- Populus alba var. denudata (A.Braun) Wesm. in DC.
- Populus alba var. hickeliana (Dode) Fiori
- Populus alba var. nivea Aiton
- Populus alba var. pyramidalis Bunge
- Populus alba var. subintegerrima Lange in Willk. & Lange
- Populus alba L.
- Populus bolleana Lauche
- Populus nivea (Aiton) Willd.[5]
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para chopo.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Nome vulgar galego en Termos esenciais de botánica, Universidade de Santiago de Compostela, 2004 e Vocabulario forestal, Universidade de Santiago de Compostela/Deputación de Lugo, 2012
- ↑ Luís Daviña Facal (2000): Diccionario das ciencias da natureza e da saúde. Tomo 2. C. A Coruña, Deputación da Coruña, páx. 908. ISBN 84-95335-46-8
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para álamo.
- ↑ Sinónimos en Real Jardín Botánico
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Chopo branco |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Chopo branco |
- USDA, ARS, National Genetic Resources Program. GRIN National Germplasm Resources Laboratory, Beltsville, Maryland. https://web.archive.org/web/20111129183535/http://www.ars-grin.gov/cgi-bin/npgs/html/taxon.pl?29358 (11 dic 2007)