peza
Aparencia
- Etimoloxía: do celta pettia, "anaco".
- Pronuncia: [ˈpɛ.θɐ] (AFI)
peza (sg: peza; pl: pezas)
- Cada unha das partes básicas e unitarias, polo xeral indivisibles, que compoñen un obxecto ou un sistema complexo.
- Observacións: pode referirse tanto a un obxecto como a algo intanxible ou abstracto, como cada un dos compoñentes básicos dun avión, cada un dos obxectos que ensamblan un xoguete, os movementos dunha danza ou dunha obra musical, etc.
- Cada un dos compoñentes dun grupo de cousas similares.
- Exemplo: Recoméndase comer tódolos días unhas cinco pezas de froita.
- Exemplo: Recoméndase comer tódolos días unhas cinco pezas de froita.
- Cada un dos elementos cos que se xoga a determinados xogos, como o xadrez.
- Tecido posto á venda, normalmente enrolado.
- Exemplo: ¿Canto queres desta tea? Dáme a peza enteira.
- Exemplo: ¿Canto queres desta tea? Dáme a peza enteira.
- Anaco de tea ou coiro coa que se repara unha prenda.
- Sinónimos: remendo.
- Certos animais, unha vez cazados ou pescados.
- Exemplo: Mira que coello conseguín, unha peza espléndida.
- Exemplo: Mira que coello conseguín, unha peza espléndida.
- Quenda en certas actividades agrarias (rega, moenda, etc.).
- Parte diferenciada dentro dunha terra de labor.
- Canción, baile, obra de teatro.
- Exemplo: Veña, bailamos un par de pezas máis e imos a casa.
- Exemplo: Veña, bailamos un par de pezas máis e imos a casa.
- Cada un dos espazos dunha vivenda.
- Exemplo: Vive nunha casa de só catro pezas: un dormitorio, a sala, o baño e a cociña.
- Exemplo: Vive nunha casa de só catro pezas: un dormitorio, a sala, o baño e a cociña.