[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

herdanza

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Galego
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «herdanza».
  • Pronuncia: /eɾ.'ðaŋ.θa̯/ ou /eɾ.'ðaŋ.sa̯/ (AFI)
  1. (Dereito) Acto xurídico mediante o cal unha persoa que falece deixa os seus bens, dereitos e obrigas a outra ou outras persoas, que se denominan herdeiros.
    • Exemplo: Tanto esperei pola hedanza e fun deseheredado.

  2. (Figurado) Dise do que procede do pasado e que se transmite á posterioridade.
    • Exemplo: As estradas radiais de España son unha herdanza dos romanos.

  3. (Xenética) Fenómeno consistente na transmisión dun conxunto de caracteres biolóxicos aos individuos dunha determinada especie.
    • Exemplo: A herdanza biolóxica.