embozo
Aparencia
- Pronuncia: /emˈboθo̝/ (AFI)
embozo
singular | plural |
embozo | embozos |
- (Gandaría) Trebello que se pon no fociño do becerro co que se pretende evitar que mame, ou da vaca para evitar que pare a pastar mentres ara ou turra do carro.
- Sinónimos: bocal, buceira, buzo, vetillo.
- Observacións: Este trebello pode ser de dous tipos: un aparello semiesférico feito de arame, corda, vergas ou vimbios, no que se introduce o fociño, para usar en vacas ou becerros maiores; ou unha táboa que se ata ós cornos do becerriño e pendura sobre a fronte, e presenta uns cravos na parte inferior que mancarían o ubre da vaca se o becerro se intentase achegar.
- Trebello semellante ó anterior que se utiliza noutros animais, coma o can, co fin de evitar que poidan trabar a ninguén.