[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

dereito

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Galego
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «dereito».
A deusa romana Iustitia cos tres símbolos do dereito: a espada, que simboliza o poder do Estado; a balanza, que representa a igualdade co que a xustiza trata a todos, e a venda sobre os ollos, que representa a imparcialidade.
dereito1
  • Pronuncia: /de.ˈɾej.to̯/ (AFI)

Adxectivo

dereito
(ms: dereito; mpl: dereitos; fs: dereita; fpl: dereitas)

  1. Que non se torce para os lados.
    • Exemplo: Esta liña non está dereita.

  2. Que está posto ou orientado, con relación ó corpo humano, ó lado contrario do corazón.
    • Exemplo: Na parte dereita do edificio están as oficinas.

Substantivo masculino

dereito
(sg: dereito; pl: dereitos)

  1. (Dereito) Conxunto de leis que regulan as relacións entre os membros dunha sociedade ou dun país e ciencia que estuda esas leis.
    • Exemplo: É un experto en dereito civil.

  2. Facultade, recoñecida legal ou moralmente, de actuar dunha determinada maneira.
    • Exemplo: Non hai dereito a que fagas iso. Xa ten dereito a votar.

  3. O lado máis perfecto, interesante ou considerado dun papel, dunha tea, etc.
    • Exemplo: Nesta folla non se sabe onde está o dereito nin o revés.

Termos relacionados

dereito administrativo, dereito adquirido, dereito autonómico, dereito canónico, dereito civil, dereito común, dereito comunitario, dereito constitucional, dereito de xentes, dereito foral, dereito internacional, dereito marítimo, dereito mercantil, dereito militar, dereito natural, dereito penal, dereito político, dereito positivo, dereito procesual, dereito real, dereito tributario, dereitos civís, dereitos fundamentais, dereitos humanos, dereitos especiais de xiro, dereitos reais.

Traducións

dereito2
  • Pronuncia: /de.ˈɾej.to̯/ (AFI)

Adxectivo

dereito
(sg: dereito; pl: dereitos)

  1. Que está sempre na mesma dirección.
    • Exemplo: Trazou unha liña dereita.

  2. Que non ten voltas nin rodeos.
    • Exemplo: O director foi directo ao asunto.

  3. Que está ergueito, en posición vertical.
    • Exemplo: Como bastón usaba un pau dereito.

  4. Que está ou mira cara á man situada no lado contrario a aquel no que está o corazón.
    • Exemplo: Dóelle o lado dereito do corpo.

  5. Que é recto e xusto no seu comportamento ou nas súas resolucións.
    • Exemplo: O noso avó é unha persoa dereita.

Adverbio

dereito

  1. Sen ningún tipo de volta, en liña recta.
  2. Sen demoras nin paradas.

Termos relacionados

ao dereito