conca
Aparencia
Grafías semellantes: Conca |
conca (sg: conca; pl: concas)
- (Anatomía) Cavidade anatómica que acolle cada un dos ollos.
- Sinónimos: cunca.
- (Xeoloxía) Filón ou grupo de filóns extensos explotados por diversas minas que constitúen unha unidade xeolóxica e xeográfica.
- Sinónimos: cunca.
- (Hidroloxía) Conxunto de espazos e territorios, normalmente vales, drenados por un río e tódolos seus afluentes.
- Sinónimos: bacía, conca fluvial, cunca.
- (Hidroloxía) Parte alta do curso dun río, de forma máis ou menos triangular, que reúne as augas mediante unha malla de sucos e regos converxentes.
- Sinónimos: cunca, conca de recepción.