[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

bolsa

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Galego
  • Pronuncia: /bol.sa̯/ (AFI)

Substantivo feminino

bolsa (sg: bolsa; pl: bolsas)

  1. Obxecto de tea, papel ou doutro material, que forma unha cavidade aberta unicamente por arriba, provisto ou non de asas para collelo, e que serve para gardar ou transportar todo tipo de obxectos.
    • Exemplo: Teño varias bolsas para o lixo para os diferentes tipos de refugallos.

  2. Grupo humano caracterizado por unha situación peculiar con relación aos que o rodean.
    • Exemplo: Nos países subdesenvolvidos hai moitas bolsas de pobreza.

  3. Axuda económica que recibe unha persoa para estudar ou investigar.
    • Exemplo: Concedéronme unha bolsa para facer o doutoramento no Instituto Max Plank.

  4. (Bioloxía) Membrana que forma a capa interna dun saco cerrado que envolve o embrión dos mamíferos, aves e réptiles.
    • Exemplo: A bolsa embrionaria.

  5. (Bioloxía) calquera espazo ou cavidade do corpo con forma de saco.
    • Exemplo: A bolsa sinovial está no xeonllo.

  6. (Xeoloxía) Masa de mineral ou fluído existente nunha cavidade do terreo.
    • Exemplo: Unha bolsa de petróleo. As bolsas de auga subterráneas chámanse acuíferos

      .
  7. (Xeoloxía) Parte dun depósito onde o mineral está reunido con maior abundancia.
  8. (Exército) Situación na que queda un exército ou unha parte del ao ser completamente rodeado polas forzas inimigas.
  9. (Deportes) Premio en metálico que recibe o gañador dun combate de boxeo.
  10. (Deportes) Cantidade que se ofrece aos participantes nalgunhas competicións.

Substantivo feminino plural

bolsas

  1. (Anatomía) Cavidades do escroto nas cales se aloxan os testículos.
    • Exemplo: Ten unha infección nas bolsas ddo escroto.

Termos relacionados

a bolsa ou a vida, axente de bolsa, bolsa da compra, bolsa de aire, bolsa de corporais, bolsa de estudos, bolsa de traballo, bolsa de valores, bolsa marsupial, bolsa sinovial.