[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

aglutinación

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Galego
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «aglutinación».
  • Pronuncia: /aɣlutinaˈθjoŋ/ (AFI)

Substantivo feminino

aglutinación (sg: aglutinación; pl: aglutinacións)

  1. Acción e efecto de aglutinar ou aglutinarse.
  2. (Medicina) Proceso de unión na curación dunha ferida.
  3. (Medicina) Acción dunha substancia aglutinante.
  4. (Inmunoloxía) Reacción producida no sangue dun animal ao poñérense en contacto unha aglutinina (anticorpo), p. ex. soro sanguíneo doutro animal, bacterias patóxenas, etc., co seu aglutinóxeno correspondente. É, por tanto, un dos fenómenos da reacción antíxeno-anticorpo e, por efecto dela, fórmanse precipitados proteínicos, ou reúnense en masas floculares os microorganismos, ou os glóbulos vermellos do sangue. Este fenómeno resulta útil para o diagnóstico de certas enfermidades e para a determinación dos grupos sanguíneos.
  5. (Petrografía) Unión de fragmentos de rocha, gravas, cantos, cascallos, etc., por precipitación de sílice, carbonato cálcico ou calquera outra substancia aglomerante.

Termos relacionados

Traducións


Castelán

Substantivo feminino

aglutinación (sg: aglutinación; pl: aglutinaciones)

  1. Aglutinación.

Termos relacionados