[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Yapen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaYapen
(id) Pulau Yapen Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Parte deIlhas Schouten (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaYapen Waropen (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaYapen Waropen, Indonesia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 1°45′26″S 136°09′25″L / -1.757219, 136.156942
Bañado porBaía Cenderawasih (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude1.496 m Editar o valor en Wikidata
Tamaño160 (lonxitude) km
Superficie2.278 km² Editar o valor en Wikidata
Arquipélago Schouten, en Indonesia

Yapen (tamén Japen, Jobi)[1] é unha illa pertencente ao arquipélago Schouten, na provincia de Papua, Indonesia. O estreito de Yapen separa Yapen e as Illas Biak ao norte. Está na baía de Cenderawasih da costa do noroeste da illa de Nova Guinea. Ao oeste atópase a illa Mios Num, a través do estreito de Mios Num, e ao leste a illa Kurudu. Na costa sueste de Yapen atópanse as Illas Amboi e ao suroeste as Illas Kuran. Pobóase coas comunidades Yobi, Randowaya, Serui, e Ansus. O seu punto máis alto ten 1.496 m.

A primeira observación rexistrada polos europeos foi por Álvaro de Saavedra, que desembarcou o 24 de xuño de 1528 ao intentar volver de Tidore a Nova España. Foi cartografiada entón como "Paine" dentro das "Islas de Oro" (Illas de Ouro) como chamaron as Schouten. En 1545 visitouna Íñigo Ortiz de Retes a bordo do Galeón San Juan.[2]

  1. "History of expeditions in Papua Indonesia". The Papua Insects Foundation. Consultado o 2008-04-26. 
  2. Coello, Francisco "Conflicto hispano-alemán" Boletín de Sociedad Geográfica de Madrid, t.XIX. 2º semestre 1885, Madrid, p.234,239,309,310,315,319

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Selva tropical na illa de Yapen (en inglés)


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.