Xosé Lois Vilar
Biografía | |
---|---|
Nacemento | febreiro de 1965 (59 anos) Baiona, España |
Actividade | |
Ocupación | Arqueólogo e empresario |
Xosé Lois Vilar Pedreira, nado en Baiona en 1965, é un activista cultural, empresario, arqueólogo e historiador galego, especialista en toponimia e arqueoloxía da costa sur de Galicia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É o máis vello de sete irmáns. Licenciado en Xeografía e Historia, é Director da sección de Arqueoloxía e Prehistoria do Instituto de Estudos Miñoranos e membro da Asociación Galega de Onomástica. Realizou escavacións e estudos no Val Miñor (Chan do Cereixo en Donas, Panxón…), Toralla, Esposende e As Neves, con especial dedicación á arte rupestre. Tamén imparte charlas sobre a materia e conferencias en universidades. Realiza visitas guiadas ós petróglifos de toda a provincia. Ademais é presidente da Asociación de defensa Medioambiental SOS a Serra da Groba.[1]
Foi nas listas do BNG de Baiona nas Eleccións municipais de 2011.[2]
Como empresario é o dono dunha cadea de froiterías.
Publicacións
[editar | editar a fonte]- "Aeroguía Litoral do Ámbito Territorial da Confraría de Baiona". Con Rodríguez Álvarez, R. 2004. Confraría de Pescadores “A Anunciada”.
- Baiona nas ondas do tempo (fotografía). 2004. Edicións do Cumio. ISBN 978-84-8289-312-9.
- "Os nomes do mar". Con Rodríguez Álvarez, Roberto. pp. 6–55 en Raigame n.º 22. 2005. Deputación de Ourense.[3]
- "Toponimia marítima e fluvial desde o Miño a Panxón". Con Rodríguez Álvarez, Roberto. pp. 43–56 en Ardentia n.º 3. 2006.[4]
- Talasonimia da costa sur de Galicia. 2008. Nova Galicia Edicións. ISBN 978-84-92590-27-8.[5][6]
- A estación de arte rupestre do Outeiro dos Lameiros. 2008. Con Méndez Quintas, Eduardo. Nova Galicia Edicións. ISBN 978-84-92590-32-2.
- Os nomes do mar de Baiona e Panxón. 2008. Nova Galicia Edicións. ISBN 978-84-96950-75-7.
- "Os nomes do mar. Talasonimia na costa sur galega" pp. 309–338 en Toponimia e cartografía. 2010. CCG. ISBN 978-84-92923-08-3.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rexistro municipal de asociacións de Medio Ambiente Concello de Baiona.
- ↑ «Lista de candidatos polo BNG-Baiona ás eleccións municipais 2011»
- ↑ Raigame. Revista de Arte, Cultura e Tradicións Populares n.º 22 Arquivado 07 de xullo de 2013 en Wayback Machine., Deputación de Ourense.
- ↑ "Toponimia marítima e fluvial desde o Miño a Panxón" Arquivado 19 de setembro de 2016 en Wayback Machine. en Ardentia n.º 3 Arquivado 19 de setembro de 2016 en Wayback Machine. ISSN 1699-3128.
- ↑ "Talasonimia da costa sur de Galicia" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de setembro de 2019. Consultado o 13 de setembro de 2016.
- ↑ "En 65 km de costa recollemos 1.600 topónimos, e hai para todos os gustos…" CCG, 24/11/2008.
- ↑ Sousa, Xulio (ed.) (2010). Toponimia e cartografía. Consello da Cultura Galega.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Talasonimia. Los nombres en el mar" conferencia en UViTV.
- Entrevista na TVG, programa Na nosa nube, emitida o 16 de xullo do 2014.
- "A importancia dos nomes do mar de Galicia" conferencia en LGx15.