Illa de Toralla
Toralla | |
---|---|
Parroquia | Coruxo |
Concello | Vigo |
Coordenadas | 42°12′02″N 8°48′00″O / 42.200555555556, -8.8 |
Poboación | 148 hab. (2022) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Toralla é unha pequena illa situada na costa sur da ría de Vigo, a uns 200 metros da praia do Vao. Pertence ao concello de Vigo. Segundo o IGE,[1] en 2022 tiña 148 habitantes (79 homes e 69 mulleres).
Historia
[editar | editar a fonte]Na illa hai un castro da Idade de Ferro, con evidencias de comercio mediterráneo, e unha necrópole romana.
Pertenceu ao bispado de Tui e coa desamortización pasou a ser propiedade de Francisco Javier Martínez Enríquez, Marqués de Valladares.[2] A cadea de propietarios desde entón foiː María Dolores Elduayen Martínez (por herdanza), Enrique Lameiro Sarachaga (por venda rexistrada no catastro o 4 de xullo de 1895), Martín Echegaray Olañeta (por venda en outubro de 1910), herdada e vendida a José Manuel Kowalski Fernández e Mercedes Peyrona Díez de Güemes (1965), tamén en 1965 constituíuse a compañía mercantil Toralla S.A. cunha concesión sobre a illa até o ano 2064.[2]
A urbanización incontrolada da illa desde a década de 1960 destruíu o patrimonio natural e cultural da illa.[Cómpre referencia] Está urbanizada e comunicada coa costa viguesa por unha ponte de uso público mais parte da súa costa é inaccesíbel por estar privatizada.[2]
En 2010 abriuse o museo da Vila romana de Toralla, á beira da praia do Vao. Na illa está a Estación de Ciencias Mariñas de Toralla (ECIMAT), da Universidade de Vigo [3].
Na illa desenvólvese parte da trama do libro Ollos de auga, do autor Domingo Villar.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
A illa entre 1900 e 1910.
-
Rotores de Portugal.[4]
-
Solpor.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia" (en galego). Consultado o 26 de febreiro de 2023.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Del Bosque Zapata, Henrique. "Illa de Toralla: burla e desposuimento". Nós Diario. Consultado o 2021-04-13.
- ↑ "ECIMAT". Estación de Ciencias Mariñas de Toralla. Universidade de Vigo. Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2020. Consultado o 30 de agosto de 2016.
- ↑ Patrulla acrobática no Festival Aéreo Internacional de Vigo 2007, dende a praia de Samil, detrás a Illa de Toralla.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa de Toralla |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Mosquera, Javier; Franco, Fernando (2002). Guía cidadá de Vigo y su área metropolitana (en castelán). Fundación Caixa Galicia, Faro de Vigo. pp. 430–431.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Coruxo no concello de Vigo (Pontevedra) | |
---|---|
Abade | Os Bouzós | Breadouro | Burdés | A Calzada | O Carballal | A Carrasqueira | O Ceán | O Combro | Coruxo de Abaixo | O Cotarelo | Couto de Abaixo | Couto de Arriba | Fontela | Fragoselo | A Gándara | O Gato | A Igrexa | As Laxes | A Longra | A Luz | Melcas | Moláns | Muíños | A Parrocha | A Pedreira | As Quintas | O Río | Romeu | As Roteas | O Rozo | San Lourenzo | A Silveira | A Taberna | Tarrío | A Tintureira | Toralla | A Torre | O Vao | O Verdeal | Viñó |