Xochimilco
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | México | ||||
Entidade federativa | Cidade de México | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 122 km² | ||||
Altitude | 2.238 m | ||||
Organización política | |||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | |||||
Data | 1987 (11ª Sesión) | ||||
Identificador | 412-002 | ||||
Páxina web | xochimilco.cdmx.gob.mx |
Xochimilco (AFI: [sotʃimilko]; náhuatl clásico: Xōchimīlco, listen (axuda · info)) é unha das 16 delegacións da Cidade de México e atópase ao sur xeográfico deste mesmo. O seu territorio conta cunha área duns 122 quilómetros cadrados, sendo o terceiro maior do distrito. Xochimilco ten fama grazas á súa extensa rede de canles sobre os restos do antigo lago Xochimilco. A xente pode facer viaxes sobre as coloridas trajineras entre chinampas cubertas de flores nos canais de Xochimilco. Hoxe en día é unha atracción turística popular. Nun das canles foron disputadas as competicións de piragüismo e remo nos Xogos Olímpicos da Cidade de México de 1968. Xochimilco está inscrito na lista do Patrimonio da Humanidade da UNESCO no 1987.[1]
Toponimia e glifo emblema
[editar | editar a fonte]A palabra Xochimilco provén do náhuatl xōchi-, 'flor', mīl-, 'terra de cultivo' e -co, postposición do lugar , traducido habitualmente como "o campo de flores" aínda que a tradución máis próxima é "Chinampas de Flores".
Xeografía descritiva
[editar | editar a fonte]Cos seus 122 km², o territorio de Xochimilca representa o 7,9% da superficie total da Cidade de México. As súas coordenadas extremas son 19°19'-19°09' latitude norte; e 99°00'-99°09' de lonxitude oeste.[2] A delegación limita ao norte cos territorios de Coyoacán e Iztapalapa; ao leste, con Tláhuac; ao sur, con Milpa Alta; e ao oeste, con Tlalpan. A sede do goberno delegado está situada no barrio do Rosario, un dos barrios orixinarios de Xochimilco.[3]
A parte norte do territorio é chaira e sitúase na altitude media do val de México, é dicir, 2240  msnm. Esta zona foi ocupada hai uns anos polo lago de Xochimilco, cuxos vestixios son as canles da chinampería. Ao sur da conca do lago érguense os outeiros de Xochitepec, Tzompol, Tlacuallelli e Teuhtli, que constitúen o límite natural entre a conca de México ao sur. Entre eles, o outeiro de Xochitepec ofrece unha ampla vista da zona urbana de Tlalpan e Xochimilco. No cumio do volcán Axocopiaxco, o territorio da delegación alcanza máis de 3000 m s. n. m.[4]
Xochimilco é moi coñecida polas súas canles, que quedan do que foi un extenso sistema de lagos e canles que conectaba a maioría dos asentamentos do Val de México. Estas canles, xunto coas illas artificiais chamadas chinampas, atraen turistas e outros residentes da cidade para que paseen en coloridos barcos tipo góndola chamados trajineras ao redor do 170 km (110 mi) de canles. Este sistema de canles e chinampas, como vestixio do pasado precolonial da zona, fixo de Xochimilco un Patrimonio da Humanidade.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ http://whc.unesco.org/en/list/412-002
- ↑ Inegi, 2004: 1.1.
- ↑ Delegación Xochimilco. "Características geográficas". Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2009. Consultado o 14 de xaneiro de de 2010.
- ↑ Inegi, 2005 : 1.3.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xochimilco |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina da Administración Delegacional de Xochimilco - DF (en castelán)
- Páxina do Goberno do Distrito Federal (en castelán)
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |