Xestur
Aparencia
Fundación: | 23 de decembro de 2013.[1] |
---|---|
Presidente: | María Teresa Gutiérrez[2] |
Orzamento: | 22.608.259,81 (estimado 2015[3]) |
http://www.xesturgalicia.com |
Unha Xestur é unha sociedade anónima de ámbito provincial que se encarga da xestión do solo galego. Son dependentes das institucións galegas, de xeito que un 80% do seu capital é xestionado pola Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS); e un 20% do capital pertence ás diferentes deputacións provinciais.[4]
Obxectivos das Xestur
[editar | editar a fonte]As Xestur foron creadas pola Xunta de Galicia coa fin de descentralizar a xestión do solo. Así, existen catro xestures, unha por cada provincia galega.
Os principais obxectivos destes organismos son:[4]
- Desenvolvemento da actividade urbanizadora, que comprende tanto a promoción e preparación de solo, a renovación ou remodelación urbana, a realización de obras de infraestrutura urbana ou a dotación de servizos para a execución dos plans de ordenación.
- Xestión e explotación de obras e servizos resultantes da urbanización, no caso de obter a concesión ou rematar o convenio correspondente, conforme ás normas aplicables a cada caso.
- Construción, arrendamento e alleamento de naves e locais industriais e comerciais.
- Promoción e preparación de solo empresarial e a súa xestión e venda.
- Elaboración de estudos urbanísticos, incluída a redacción de plans de ordenación e proxectos de urbanización, así como a iniciativa para a súa tramitación e aprobación.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Xestur (ed.). "Xestión do solo de Galicia: información xeral.". Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2015. Consultado o 9 de xuño de 2015.
- ↑ Deputación de Ourense (ed.). "A presidenta de Xestur Galicia, María Teresa Gutiérrez, analiza en Ourense a situación do solo empresarial.". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 9 de xuño de 2015.
- ↑ Xestur Galicia (ed.). "Memoria dos orzamentos 2015 e programa de actuacións, investimentos e financiamento." (PDF). Consultado o 9 de xuño de 2015.
- ↑ 4,0 4,1 Xunta de Galicia (ed.). "Presentación da Xestur". Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2015. Consultado o 9 de xuño de 2015.