Xasmín
Xasmín común | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
'Jasminum officinale' L. 1753 |
O xasmín[1] (Jasminum officinale) é unha especie fanerógama rubideira do xénero Jasminum, da familia das oleáceas. Cultivada en Galiza coma ornamental gateadora polo recendo das súas flores.
Descrición
[editar | editar a fonte]Presenta unha raíz adventicia; é un arbusto con follas lineais lanceoladas de bordo enteiro, penninervadas. A inflorescencia é unha cima bípara dicasia, con flores de ovario ínfero e presentan aceites esenciais. O froito é unha cápsula. Son hermafroditas, e se propaga vexetativamente.
Usos
[editar | editar a fonte]Emprégase como ornamental, tanto polo recendo das súas flores, como por ser rubideira, co que adoita abeirarse contra muros ou deixar gatear por pérgolas e parras.
Ademais é utilizado para fragrancia polo agradábel recendo que botan as súas flores, semellantes ao cheiro das gardenias e das flores dos cítricos.
Propiedades medicinais
[editar | editar a fonte]O xasmín é empregado como pectoral, tónico, adstrinxente, sedante nervioso, vulnerario.[2]
O aceite esencial é moi utilizado en cosmética e perfumaría.
O froito é narcótico.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Jasminum officinale foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 7. 1753.[3]
Jasminum: nome latino destas plantas. Podería derivar do persiano yasamin ou do árabe yasmin.[4]
officinale: epíteto latino que significa "utilizada coma herba medicinal".[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para xasmín.
- ↑ "En Plantas Ütiles". Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2013. Consultado o 18 de febreiro de 2013.
- ↑ "Xasmín". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 3 de decembro de 2012.
- ↑ Jasminum en Flora de Canarias
- ↑ En Epítetos Botánicos
- ↑ "Xasmín en PlantList". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 18 de febreiro de 2013.
- ↑ "Xasmín". World Checklist of Selected Plant Families. Consultado o 3 de decembro de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Xasmín |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xasmín |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- USDA, ARS, National Genetic Resources Program. GRIN.
National Germplasm Resources Laboratory, Beltsville, Maryland. http://www.ars-grin.gov/cgi-bin/npgs/html/taxon.pl?20668 Arquivado 13 de abril de 2009 en Wayback Machine. (8 de abril de 2009)