[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

William Harrison Dillard

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaWilliam Harrison Dillard

(1952) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Harrison Dillard Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de xullo de 1923 Editar o valor en Wikidata
Cleveland, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte15 de novembro de 2019 Editar o valor en Wikidata (96 anos)
Cleveland, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro de estómago Editar o valor en Wikidata
EducaciónBaldwin Wallace University (en) Traducir
East Technical High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura178 cm Editar o valor en Wikidata
Peso69 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónvelocista, atleta Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarExército dos Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deporteatletismo Editar o valor en Wikidata
Disciplina deportivacarreira de velocidade Editar o valor en Wikidata
Participou en
1952Xogos Olímpicos de 1952
1948Xogos Olímpicos de 1948 Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteHarrison Dillard, World’s Best Hurdler in the 1940s, Dies at 96 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
IAAF: 14347643 Olympic.org: harrison-dillard WikiTree: Dillard-2279 Editar o valor en Wikidata

William Harrison Dillard, nado en Cleveland (Ohio) o 8 de xullo de 1923 e finado na mesma cidade o 15 de novembro de 2019,[1] foi un atleta estadounidense especialista en probas de velocidade e valas, gañador de catro medallas de ouro olímpicas entre os Xogos de Londres 1948 e Helsinqui 1952. Foi o único atleta na historia que foi campión olímpico de 100 metros lisos e 110 metros valados.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Na súa adolescencia era un grande admirador do seu compatriota Jesse Owens, gañador de catro medallas de ouro en Berlín 1936, que tamén nacera en Cleveland e ademais acudira á mesma escola secundaria ca el, a East Tech High School. Dillard serviu no exército durante a segunda guerra mundial, e logo regresou á Universidade.

Destacaba principalmente nas proba de valas, e foi probablemente o mellor valista do mundo na época de posguerra. En 1946 e 1947 proclamouse campión de Estados Unidos nos 110 metros valas.

Nas proba de clasificación do seu país para os Xogos Olímpicos de Londres 1948 sufriu unha caída e rematou 6ª nesta proba, polo que non puido clasificarse xa que só ían aos Xogos os tres primeiros. En cambio si o fixo na proba de 100 metros lisos, pese a non ser a súa especialidade, como terceiro integrante do equipo. Xa nos Xogos de Londres, a final dos 100 metros lisos foi unha das máis competidas que se lembran, con Dillard e o seu compatriota Norwood "Barney" Ewell chegando case igualados a meta. A foto-finish determinou que Dillard fora o gañador igualando o récord olímpico con 10,3.

A súa segunda medalla de ouro chegou a proba de relevos 4×100 metros, onde os estadounidenses gañaron con 40,6. O cuarteto formábano por esta orde Norwood "Barney" Ewell, Lorenzo Wright, Harrison Dillard e Mel Patton.

Tras permanecer algúns anos afastado do atletismo, regresou en 1952 coa ollada posta nos Xogos Olímpicos de Helsinqui. Esta vez si logrou a súa clasificación para competir nos 110 metros valas, e lograría tamén a medalla de ouro nos Xogos.

Ó igual que en 1948, gañou outra medalla co equipo estadounidense de relevos 4×100 metros. Esta vez o equipo formábano Dean Smith, Harrison Dillard, Lindy Remigino e Andy Stanfield.

Catro anos máis tarde Dillard tentou clasificarse para ir aos Xogos Olímpicos de Melbourne 1956 pero non o conseguiu. Tras a súa retirada definitiva das pistas traballou como relacións públicas para o equipo Cleveland Indians, a liga nacional de béisbol. Tamén presentou un programa de radio na emisora WWGK de Cleveland.

En 1974 foi incluído no Salón de Fama do atletismo estadounidense.

  1. Dolgan, Bob (15 de novembro de 2019). "Track legend Harrison Dillard, four-time Olympic champion, dies at 96". Cleveland.com (Brooklyn, Ohio: Advance Publications). Consultado o 15 de novembro de 2019.