Whitney Houston
Whitney Elizabeth Houston, nada en Newark o 9 de agosto de 1963 e finada nos Ánxeles o 11 de febreiro de 2012, foi unha cantante estadounidense de R&B, soul, pop e gospel, aínda que tamén destacou como actriz, compositora, produtora, empresaria e modelo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Aos once anos empezou a súa formación musical nun coro infantil dunha igrexa en Nova Jersey, pero o seu talento foi descuberto tempo despois por Clive Davis, presidente de Aresta Records, na época en que cantaba xunto á súa nai en clubs nocturnos de Nova York. Desde os seus inicios viuse influenciada por destacadas cantantes de soul como a súa nai Cissy Houston, as súas curmás Dionne Warwick e Dee Dee Warwick e a súa madriña Aretha Franklin.
Segundo o Libro Guinness dos Récords é, até a data, a artista máis galardoada de todos os tempos, con dous premios Emmy, seis premios Grammy, trinta premios Billboard Music Awards e vinte e dous American Music Awards, para un total de 415 premios na súa carreira. Tamén é unha das artistas musicais que vendeu un maior número de discos no mundo: máis de 220 millóns de álbums, sinxelos e vídeos.
Discografía
[editar | editar a fonte]Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Filmografía
[editar | editar a fonte]Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Whitney Houston |
- Actores de Nova Jersey
- Actores de cine dos Estados Unidos de América
- Cantantes de gospel
- Modelos femininas dos Estados Unidos de América
- Nados en Newark, Nova Jersey
- Nados en 1963
- Finados en 2012
- Produtores de cine dos Estados Unidos de América
- Finados por afogamento
- Cantantes de Nova Jersey
- Finados por sobredose