WestJet
WestJet | ||
---|---|---|
IATA WS | OACI WJA | Indicativo WESTJET |
Fundación | 29 de febreiro de 1996 | |
Frota | 119 | |
Destinos | 92 | |
Eslogan da compañía | Owners Care | |
Sede | Calgary, Alberta | |
Páxina web: http://westjet.com/ |
WestJet Airlines Ltd. é unha aeroliña canadense que se fundou como unha alternativa de baixo custo ás principais compañías do país.[1] WestJet proporciona servizos regulares e chárter a 100 destinos no Canadá, Estados Unidos, Europa, México, Centroamérica e o Caribe. Fundada en 1996, no presente é a segunda aeroliña máis grande do Canadá, tras Air Canada,[2] operando unha media de 424 voos e transportando uns 45 000 pasaxeiros cada día.[3] En 2013 WestJet levou a 18,5 millóns de pasaxeiros,[4] sendo a quinta aeroliña de Norteamérica por pasaxeiros transportados. WestJet é unha compañía pública con máis de 10 000 empregados,[4] non está sindicalizada e non forma parte de ningunha alianza de aeroliñas. Opera tres variantes da familia Boeing 737 Next Generation, ademais do Boeing 767 nalgunhas rutas de longo alcance.[5] A súa subsidiaria WestJet Encore tamén opera o Bombardier Q400. A sede da compañía está ao lado do Aeroporto Internacional de Calgary.[6]
En 2015 WestJet tivo uns ingresos por pasaxeiros de 4,029 mil millóns de dólares canadenses e as súas ganancias por acción incrementáronse un 19% ata os 2,92 dólares canadenses.[7] En 2016 a aeroliña foi cualificada como a sétima mellor aeroliña de baixo custo do mundo e a segunda de Norteamérica por Skytrax.[8]
Frota
[editar | editar a fonte]En decembro de 2016 a frota de WestJet estaba formada polos seguintes avións:[9]
Avión | In En servizo |
Pedidos | Pasaxeiros | Notas | ||
---|---|---|---|---|---|---|
W | Y | Total | ||||
Boeing 737-600 | 13 | — | 12 | 101 | 113 | Serán substituídos por 737 MAX 7 e 8 |
Boeing 737-700 | 56 | — | 12 | 118 | 130 | En revisión para substitución |
Boeing 737-800 | 46 | 2[10] | 12 | 156 | 168 | |
Boeing 737 MAX 7 | — | 25[10] | TBA | Entregas dende 2019[11] | ||
Boeing 737 MAX 8 | — | 40[10] | TBA | Entregas dende 2017[11] | ||
Boeing 767-300ER | 4 | — | 24 | 238 | 262 | |
Total | 119 | 67 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ The Wall Street Journal (ed.). "Canadian Low-Cost Carrier Departs From No-Frills Model". Consultado o 5 de febreiro de 2017.
- ↑ USA Today (ed.). "WestJet, Air France, KLM work toward code-share". Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2017. Consultado o 5 de febreiro de 2017.
- ↑ Peninsula News (ed.). "WestJet passengers get bumpy start to long weekend". Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2017. Consultado o 5 de febreiro de 2017.
- ↑ 4,0 4,1 WestJet (ed.). "WestJet reports record full-year earnings per share of $1.78, up 68 per cent". Consultado o 5 de febreiro de 2017.
- ↑ Flightglobal (ed.). "WestJet to add four 767-300s, exercise five Q400 options". Consultado o 5 de febreiro de 2017.
- ↑ WestJet (ed.). "Contact". Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2012. Consultado o 5 de febreiro de 2017.
- ↑ WestJet (ed.). "Financial Reports". Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2017. Consultado o 5 de febreiro de 2017.
- ↑ Skytrax (ed.). "AirAsia and Norwegian take top accolades in the World's Best Low-Cost Airline awards for 2016". Consultado o 5 de febreiro de 2017.
- ↑ Transport Canada (ed.). "Frota de WestJet". Consultado o 5 de febreiro de 2017.
- ↑ 10,0 10,1 10,2 Boeing (ed.). "Pedidos e entregas do 737". Arquivado dende o orixinal o 21 de novembro de 2018. Consultado o 5 de febreiro de 2017.
- ↑ 11,0 11,1 World Airline News (ed.). "WestJet signs a purchase agreement with Boeing for 65 Boeing 737 MAX aircraft". Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2017. Consultado o 5 de febreiro de 2017.