[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Walldorf

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaWalldorf
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 49°18′N 8°39′L / 49.3, 8.65
EstadoAlemaña
Estado federadoBaden-Württemberg
Rexión administrativaRexión de Karlsruhe
Distrito ruralDistrito de Rin-Neckar Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación15.995 (2023) Editar o valor en Wikidata (803,37 hab./km²)
Xeografía
Superficie19,91 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude110 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
Membro de
Identificador descritivo
Código postal69190 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico06227 Editar o valor en Wikidata
Clave de rexión en Alemaña082260095095 Editar o valor en Wikidata
Número de municipio alemán08226095 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Seaside (pt) Traducir
Kırklareli (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Páxina webwalldorf.de Editar o valor en Wikidata

Walldorf e unha cidade alemá situada a 10 km ao sur de Heidelberg, no distrito de Rhein-Neckar, no estado federal de Baden-Württemberg. Nela mestúranse as súas vellas rúas co sector máis moderno, sede de numerosas empresas de alta tecnoloxía.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Walldorf é probabelmente mellor coñecida hoxe en día xa que na cidade atópase a sede da maior compañía de software de Europa, a SAP, mais tamén é o lugar de nacemento do millonario John Jacob Astor, que no momento da súa morte era o home máis rico dos Estados Unidos. OS descendentes da familia Astor perpetuaron a versión americanizada da vila: Waldorf, nos nomes dos famosos hoteis Waldorf-Astoria e da ensalada Waldorf. É tamén orixe do nome Pedagoxía Waldorf, sistema educativo orixinado nas concepcións do filósofo e educador Rudolf Steiner.

A cidade tamén está nomeada, aínda que non co seu nome actual, na novela de John le Carré Amigos absolutos ("Absolute Friends"), gran parte da cal está ambientada en Heidelberg.

Walldorf tamén foi anfitrión do Mundial de Fútbol de 2006 xa que brindou hospedaxe á selección de Costa Rica do 9 ao 21 de xuño.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A cidade máis próxima, ao leste da cidade, é Wiesloch. Ambas cidades están fortemente ligadas economicamente. Outro municipios adxacentes son: Sandhausen, Leimen, Nußloch, St. Leon-Rot e Reilingen. O nome da estación de tren é Wiesloch-Walldorf, e está localizada entre as dúas cidades.

O asentamento foi nomeado por primeira vez en 770 como Waltorf. O Palatinado do Rin recibiu á cidade como feudo Imperial en 1230. Posteriormente sufriu moito durante a guerra dos Trinta Anos e foi completamente destruída en 1689. A zona foi asentada de novo por refuxiado relixiosos, entre eles os antepasados de John Jacob Astor, valdenses do Piemonte. En 1843 viu a construción do Rheintalbahn (liña férrea alemá), o que supuxo un gran pulo económico á zona. En 1901 o Gran Duque Federico I de Baden concedeu privilexios a Walldorf. Despois da segunda guerra mundial a creación da Heidelberger Druckmaschinen e da SAP convertérona nunha das cidades máis prósperas da Alemaña.

Cidades irmandadas

[editar | editar a fonte]