[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Voyager 1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sonda Voyager 1.

A sonda espacial Voyager 1 (viaxeira, en inglés) foi lanzada ao espazo o 5 de setembro de 1977 pola NASA a bordo dun foguete Titan IIIE. Foi deseñada para estudar o sistema solar e o espazo interestelar. Trátase do obxecto inventado polo ser humano que se atopa máis lonxe do planeta Terra.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Traxectoria inicial da sonda Voyager 1

Chegou a Xúpiter no ano 1979 sufrindo unha aceleración debido ao seu campo gravitacional. No ano 1980 pasou por Saturno e o seu satélite Titán impulsándose ata os confíns do Sistema Solar. No ano 1990 tomou unha fotografía do planeta Terra a unha distancia de 6.000 millóns de km na que se albisca o noso planeta como un punto ao que se lle chamou Punto azul pálido (pale blue dot).

No ano 2011 atopábase a 17 400 millóns de km de distancia do planeta Terra. En 2013, segundo información subministrada pola NASA, tornouse no primeiro aparello humano en deixar o Sistema Solar.[1]

Fonte de alimentación

[editar | editar a fonte]

Ten como fonte de enerxía a electricidade producida por un xerador radioactivo de plutonio-238. Está previsto o esgotamento da fonte de alimentación no ano 2025.

Disco de Ouro

[editar | editar a fonte]

Leva a bordo un disco de ouro deseñado polo profesor Carl Sagan no que están gravadas mensaxes que poderán ser lidas e interpretadas por unha posible civilización extraterrestre.

Comunicacións

[editar | editar a fonte]

As comunicacións entre a Terra e a Voyager I realízanse a través das antenas do Deep Space Network da NASA en Camberra (Australia), Goldstone (California), e Madrid,.[2]

  1. La Voz de Galicia, ed. (13 de setembro de 2013). "A sonda Voyager 1 abandona o sistema solar". 
  2. "NASA contacts Voyager 2 using upgraded Deep Space Network dish". phys.org (en inglés). Consultado o 2020-11-06. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]