[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Vince Lombardi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaVince Lombardi

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de xuño de 1913 Editar o valor en Wikidata
Brooklyn, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte3 de setembro de 1970 Editar o valor en Wikidata (57 anos)
MedStar Georgetown University Hospital, Estados Unidos de América (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da morteCancro colorrectal Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaNova Jersey Editar o valor en Wikidata
EducaciónSt. Francis Preparatory School (en) Traducir
Cathedral Preparatory Seminary (en) Traducir
Cathedral College of the Immaculate Conception (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogador de fútbol americano, adestrador de fútbol americano Editar o valor en Wikidata
DeporteFútbol americano Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Fordham Rams football
Premios

Páxina webvincelombardi.com Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Lombardi-7 Find a Grave: 637 Editar o valor en Wikidata

Vincent Thomas Lombardi, nado o 11 de xuño de 1913 en Brooklyn (Nova York) e finado o 3 de setembro de 1970 en Washington, D.C., foi un adestrador de fútbol americano estadounidense de ascendencia italiana. Lombardi foi adestrador xefe dos Green Bay Packers da National Football League (NFL) entre 1959 e 1967 e dos Washington Redskins por unha temporada (1969). Antes, comezara a súa carreira como técnico no posto de coordinador ofensivo dos New York Giants. Ademais, foi director xeral dos Packers en 1968. Gañou con esa franquía as dúas primeiras Super Bowls da historia. O seu rexistro en tempada regular é 96-34-6, mentres que en playoff é un destacábel 9-1. Isto fai un total de 105 vitorias, 35 derrotas e 6 empates.[1]

Lombardi morreu en 1970 dun cancro de colon que lle diagnosticaron en xuño de 1970, semanas antes de dirixir o seu segundo campamento de adestramento á fronte dos Redskins. Unha semana antes da súa morte, a NFL nomeou o trofeo do campión do Super Bowl "Trofeo Vince Lombardi" na súa honra. En 1971 ingresou no Salón da Fama do Fútbol Americano Profesional. Está considerado como un dos mellores adestradores de fútbol americano da historia, así como figura representativa do futbal americano e do espírito gañador.

  1. "Vince Lombardi Record". Pro Football Reference. Consultado o 19 de decembro de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]