[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Viga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unha viga simplemente apoiada na cal é aplicada unha carga uniformemente distribuída ao longo do seu van.

Unha viga ou trabe é un elemento estrutural das edificacións. A viga soporta principalmente esforzos en forma de momentos flectores e é xeralmente usada no sistema laxe-viga-piar para transferir os esforzos verticais recibidos da laxe para o piar ou para transmitir unha carga concentrada, no caso de que sirva de apoio a un piar.

As edificacións basicamente presentan tres tipos de vigas, que difiren na forma en que contactan cos seus apoios:

  • Viga en balance ou en consola: é unha viga cun só apoio. Toda a carga recibida se transmite a un único punto de fixación.
  • Viga biapoiada ou simplemente apoiada: dise das vigas con dous apoios, que poden ser simples ou engastados, xerándose vigas do tipo simplemente apoiadas, vigas con apoio simple e engaste, ou vigas biengastadas.
  • Viga continua: dise da viga con múltiples apoios.

As viga feitas en formigón armado son dimensionadas de forma que sexa a súa ferralla lonxitudinal o que resista os esforzos de tracción, non tendo en conta a resistencia á tracción do formigón, por ser esta moi baixa. As vigas de formigón armado reciben unha ferralla secundaria distribuída transversalmente ao longo da viga denominada estribos. Posúen a finalidade de levar até os apoios as forzas cisallantes.

En viadutos e en pontes comunmente as vigas son do tipo biapoiado. Os seus apoios son chamados libres. Así, a estrutura pode oscilar nos seus apoios, evitando a aparición de trincas e permitindo á estrutura oscilar co desprazamento das cargas móbeis recibidas, sen afectar a súa estabilidade.

Elementos obrigatorios no dimensionamento de estruturas simples ou complexas, as vigas posúen diferentes formas de sección, denominadas perfís. Os perfís mais utilizados son o perfil en "I" e o perfil en "T". Para sabermos o peso que pode ser aplicado nunha determinada viga, debemos facer o cálculo das tensións de cisallamento (corte). Para sabermos o momento que pode ser aplicado na viga, deberemos calcular o momento flector.

Terminoloxía

[editar | editar a fonte]
  • En galego e portugués os termos viga (talvez do latín biga, -ae, carro de dous cabalos) e trabe (pt. trave, do latín trabe-, «idem») son sinónimos plenos segundo o DRAG[1][2] e dicionarios como o Priberam ou a infopedia de Porto Editora.[3]
  • En castelán o termo "trabe" é máis común en certas variantes, especialmente en México. Noutras linguas románicas só se emprega un dos termos (en catalán biga; pont de bigues, en italiano trave, ponte a trave).
  • En inglés o termo xeral para viga/trabe é beam e a ponte de trabes é beam brige ; Ginder é o termo para trabe-mestra/viga-mestra. Aínda que a ponte de sección de caixa é normalmente un tipo de ponte de trabe (Beam bridge) as trabes mestras de caixa (Ginder) tamén se poden usar en pontes atirantadas e outras.
  1. "trabe". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2023-08-19. 
  2. "viga". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2023-08-19. 
  3. S.A, Priberam Informática. "VIGA". Dicionário Priberam (en portugués). Consultado o 2023-08-19. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artugos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Cálculo de Concreto Armado V. 1 - Lauro Modesto dos Santos 1977.