[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Verme

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Vermes»)
Verme na praia de Barraña (Boiro).
Verme fotografado en Barraña (Boiro).

Verme é unha denominación popular de calquera animal invertebrado de corpo brando e alongado, sen esqueleto nin extremidades articuladas, que se despraza arrastrándose. Non corresponde a ningunha clasificación taxonómica.

Outras denominacións populares igualmente xenéricas son becha, becho, bechoco, bicha, bicho, bichoca, bichoco, coca, coco ou ronco.

Con nome de verme desígnanse habitualmente:

  1. Algúns parasitos intestinais, tamén chamados lombrigas.
  2. As larvas vermiformes de insectos.
  3. As eirugas.
  4. As miñocas.

Nalgúns casos designa un insecto determinado, como é o caso do vagalume (verme da luz, verme canteiro ou verme carpinteiro) ou do verme da seda (larva dunha bolboreta da familia dos bombícidos (Bombyx mori).


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.