Verlyn Flieger
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1933 (90/91 anos) |
Educación | Universidade Católica de América |
Actividade | |
Campo de traballo | Literatura e pedagoxía |
Ocupación | escritora, editora literaria, profesora universitaria, pedagoga |
Empregador | Universidade de Maryland |
Verlyn Flieger, nada en 1933, é unha autora, editora e profesora do Departamento de Inglés da Universidade de Maryland en College Park. Está especializada na mitoloxía comparada, na literatura medieval, e na obra de J. R. R. Tolkien. Ten varios libros e publicacións sobre Tolkien, e é unha académica recoñecida neste eido.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Flieger ten unha licenciatura (1972) e un doutoramento (1977) pola Universidade Católica de América, e a partir de 1976 formou parte da Universidade de Maryland. En 2012, retirada da docencia en Maryland, Flieger comezou a impartir estudos sobre o ciclo artúrico online en Signum University.[1][2]
Os seus libros máis coñecidos son Splintered Light: Logos and Language in Tolkien's World (1983), que trata sobre a luz como tema central da mitoloxía de Tolkien; A Question of Time: J. R. R. Tolkien's Road to Faërie, que obtivo o Mythopoeic Award en 1998;[3] e Interrupted Music: The Making of Tolkien's Mythology (2005).[4]
Gañou novamente o Mythopoeic Award en 2002 pola obra Tolkien's Legendarium: Essays on The History of Middle-earth, que editou xunto con Carl Hostetter;[5] unha terceira vez en 2013 por Green Suns and Faërie: Essays on J.R.R. Tolkien;[6] e unha cuarta vez en 2019 por There Would Always Be a Fairy Tale: More Essays on Tolkien.[7]
Flieger tamén escribiu fantasía xuvenil, Pig Tale, e historias curtas.[2] Xunto con David Bratman e Michael D. C. Drout, é editora da revista Tolkien Studies: An Annual Scholarly Review.[2]
Obra
[editar | editar a fonte]Obra académica
[editar | editar a fonte]Como autora, ten publicado os seguintes títulos:
- Splintered Light: Logos and Language in Tolkien's World. 1983.
- Tolkien's Legendarium: Essays on The History of Middle-earth. 2000.
- A Question of Time: J.R.R. Tolkien's Road to Faërie. 2001.
- Interrupted Music: The Making Of Tolkien's Mythology. 2005.
- Tolkien on Fairy-stories. 2008.
- Green Suns and Faërie: Essays on J.R.R. Tolkien. 2012.
Tamén ten realizado edicións das seguintes obras de Tolkien:
- Tolkien, J.R.R. (2005). Smith of Wootton Major. Edición crítica estendida.
- Tolkien, J.R.R. (2015). The Story of Kullervo.
- Tolkien, J.R.R. (2016). The Lay of Aotrou and Itroun.
Narrativa
[editar | editar a fonte]Publicou as seguintes novelas:
- Pig Tale. 2002.
- The Inn at Corbies' Caww. 2011.
E as seguintes historias curtas:
- Lowder, James, ed. (2000). "Avilion". The Doom of Camelot.
- Anderson, Douglas A., ed. (2005). "Green Hill Country". Seekers of Dreams.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Verlyn Flieger". Consultado o 28/06/2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Verlyn Flieger". Signum University. Consultado o 28/06/2020.
- ↑ "Mythopoeic Awards 1998". Mythopoeic Society. Consultado o 28/06/2020.
- ↑ "Verlyn Flieger". Google Scholar. Consultado o 28/06/2020.
- ↑ "Mythopoeic Awards 2002". Mythopoeic Society. Consultado o 28/06/2020.
- ↑ "Mythopoeic Awards 2013". Mythopoeic Society. Consultado o 28/06/2020.
- ↑ "Mythopoeic Awards 2013". Mythopoeic Society. Consultado o 28/06/2020.