[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Växjö Lakers

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Växjö Lakers
Fundación1997
Cidade Växjö,
Kronoberg
Suecia
EstadioVida Arena (5.329)
LigaSHL
DirectorHenrik Evertsson
AdestradorSam Hallam
CoresAzul, laranxa e negro
                 
Na rede
http://www.vaxjolakers.se/
Facebook: Växjö-Lakers-455732587901588 Twitter: VLHlive Instagram: vaxjolakers Editar o valor en Wikidata

O Växjö Lakers Hockey (tamén coñecido simplemente como Växjö Lakers) é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Växjö (Suecia). Actualmente xoga na SHL, a máxima categoría do hóckey sobre xeo sueco, competición na que debutou na tempada 2011-12. O equipo xoga os seus partidos como local no Vida Arena, un pavillón con capacidade para 5.329 espectadores.

O club fundouse en 1997 logo de que o Växjö HC se declarara en bancarrota. Orixinalmente o Växjö Lakers xogaba os seus partidos como local no Växjö Ishall, mais antes da tempada 201112 trasladouse ao Vida Arena, que se acabara de construír ao final do verán de 2011.

O club comezou a súa andaina na Division 4 (cinco categorías por debaixo da SHL), Växjö conseguiu en 6 anos ascender á Hockeyallsvenskan tras ascender tres categorías. O equipo conseguiu o ascenso á Hockeyallsvenskan grazas a unha marca perfecta no Kvalserien de ascenso á Hockeyallsvenskan de 2002. No seu debut na segunda categoría, o club fichou a Shjon Podein, un destacado xogador da NHL que xogara 699 partidos e gañara a Stanley Cup con Colorado Avalanche en 2001, unha fichaxe que foi descrita como årets värvning ("fichaxe do ano") por moita xente.[1] Durante o ano que Podein xogou en Växjö converteuse no xogador favorito do público.[2] Antes da tempada seguinte, a 2004-05, o equipo fichara a Brad DeFauw, outro destacado xogador norteamericano que xogara 9 partidos na NHL e 154 na AHL. Tanto Shjon Podein como Brad DeFauw deixaron o equipo despois da tempada 2004–05.

O club pasou 8 tempadas na Hockeyallsvenskan, durante as que conseguiu chegar á Kvalserien para ascender á Elitserien en tres ocasións, todas de xeito consecutivo entre 2009 e 2011, conseguindo definitívamente o ascenso á máxima categoría tras gañar a cualificación con 26 puntos (un récord na historia da Kvalserien) e tendo asegurado o ascenso xa na 8ª xornada dun total de 10.

Anteriormente, o club empregou o vermello, o amarelo e o azul como as súas cores, todas elas presentes no logo do equipo e nas camisolas. O 18 de abril de 2011 o club anunciou que trocaría as súas cores polo azul e o laranxa antes da tempada 2011-12. Nese mesmo momento anunciouse que o logo do club cambiaría a un escudo laranxa que contivera o escudo de Småland e o nome do club.[3]

O primeiro partido que disputou na Elitserien (SEL) tivo lugar o 13 de setembro de 2011, na derrota por 2 goles a 0 fronte ao Frölunda HC nun Scandinavium cheo. Dous días despois, o club conseguiu os seus primeiros puntos na Elitserien ao derrotar a domicilio ao Luleå HF por 3–2 no shootout, a pesar de ir perdendo por dous goles no terceiro tempo.[4] O seu primeiro partido como local na Elitserien tivo lugar o 17 de setembro fronte ao Linköpings HC nun ateigado Vida Arena que presenciou a derrota do seu equipo por 4–2. O ex xogador favorito dos Växjö Lakers Shjon Podein presenciou o partido nas bancadas.[5] Os primeiros puntos como local e a primeira vitoria no tempo regulamentario chegou o 27 de setembro, cando o equipo derrotou por 4 goles a 1 ao Modo Hockey.[6] O primeiro shutout dos Lakers chegou na vitoria por 2-0 fronte a Modo Hockey o 25 de outubro de 2011.[7]

Växjö Lakers xogou o primeiro derby de Småland na historia da SHL, ao visitar a pista dos campións da liga regular HV71, o 8 de outubro de 2011 nun Kinnarps Arena ateigado con 7.000 espectadores en Jönköping.[8] Växjö Lakers levouse a vitoria no shootout por 3–2. O dianteiro de Växjö Lakers Mike Iggulden anotou tres penalty shots no partido.[9]

  1. "Änderson om avund" (en Swedish). Lakers Lakejer. 2003-11-04. [Ligazón morta]
  2. "Shjon Podein har landat i Växjö" (en Swedish). Sveriges Radio. 2004-10-19. 
  3. "Orange revolution i Växjö Lakers" (en Swedish). Smålandsposten. 2011-04-18. Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2012. Consultado o 09 de maio de 2013. 
  4. Jonas Gustavsson (2011-09-15). "Kallio fixade historisk vinst" (en Swedish). Växjö Lakers Hockey. 
  5. Jonas Gustavsson (2011-09-16). "Invigningsöverraskningen: Podein på plats i VIDA Arena" (en Swedish). Växjö Lakers Hockey. 
  6. Jonas Gustavsson (2011-09-27). "Första segern i VIDA Arena". Växjö Lakers Hockey. 
  7. Jonas Gustavsson (2011-10-25). "Seger – och första nollan" (en Swedish). Växjö Lakers Hockey. 
  8. Bosse Johander (2011-10-08). "Historiskt derby i Småland" (en Swedish). Sveriges Radio. 
  9. Per Johansson (2011-10-08). "Iggulden straffade HV71 i smålandsderbyt" (en Swedish). Växjö Lakers Hockey. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]