Universidade Brown
Universidade Brown Brown University | |
---|---|
Manning Chapel | |
Datos xerais | |
Localización | Providence (Rhode Island) |
Fundación | 15 de setembro de 1764 |
Datos actuais | |
Alumnos | 10 333 (outono de 2019)[1] |
Datos de contacto | |
Páxina web | http://www.brown.edu/ |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Universidade Brown (en inglés: Brown University) é unha universidade privada estadounidense localizada en Providence, no estado de Rhode Island. É unha das oito universidades que conforman a Ivy League, e neste contexto é unha das universidades máis prestixiosas do mundo. É a sétima institución de ensino superior máis antiga dos Estados Unidos e unha das nove establecidas antes da independencia en 1776.[2]
Historia
[editar | editar a fonte]Fundada en 1764 como College of the English Colony of Rhode Island,[3] Brown foi a primeira universidade estadounidense que aceptou alumnos de todas as afiliacións relixiosas.[4] En 1804, a universidade foi renomeada en honra de Nicholas Brown, que contribuíra con 5000 dólares á institución.[5]
En 1891, Brown creou un college feminino (Pembroke College), que posteriormente se uniu ao college masculino en 1971.
Organización
[editar | editar a fonte]Brown é coñecida polos seus programas de estudo únicos, exemplificados no New Curriculum (Novo Currículo) instituído en 1969.[6] Baixo o New Curriculum, un alumno xa non está obrigado a tomar unha distribución de cursos entre diferentes materias, e o sistema de notas foi simplificado.
Brown conta con preto de 100 carreiras con titulación de grao, e máis de 50 carreiras a nivel posgraduado. Tamén ten unha escola de medicina (Brown Medical School), con 326 estudantes. Conta cunha escola de saúde pública e unha de enxeñaría entre outras.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Common Data Set 2019-2020" (PDF). Brown University. Consultado o 9 de abril de 2020.
- ↑ "About Brown University | Brown University". www.brown.edu. Consultado o 23 de febreiro de 2016.
- ↑ "Encyclopedia Brunoniana | Bicentennial celebration". Brown University. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2010. Consultado o 9 de xullo de 2009.
- ↑ Bronson (1914), páx. 30.
- ↑ Bronson (1914), pp. 29–33.
- ↑ Leubsdorf, Ben (2 de marzo de 2005). "The New Curriculum Then". Brown Daily Herald. Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2009. Consultado o 5 de decembro de 2007.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Universidade Brown |
A Galipedia ten un portal sobre: Estados Unidos de América |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bronson, Walter C. (1914). The History of Brown University, 1764–1914. Providence.
- Dexter, Franklin Bowditch (1916). Extracts from the Itineraries and Other Miscellanies of Ezra Stiles, D.D., LL.D., 1755–1794. New Haven.
- Guild, Reuben Aldridge (1867). History of Brown University, with Illustrative Documents. Providence.