[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Twiggy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaTwiggy

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Lesley Hornby Editar o valor en Wikidata
19 de setembro de 1949 Editar o valor en Wikidata (75 anos)
Neasden, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outros nomesTwiggy Editar o valor en Wikidata
EducaciónMountview Academy of Theatre Arts (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura168 cm Editar o valor en Wikidata
Cor dos ollosAzul Editar o valor en Wikidata
Cor do peloLouro Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz, actriz de teatro, cantante, modelo, actriz de cinema Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoMúsica pop Editar o valor en Wikidata
RepresentanteModels 1 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeLeigh Lawson (1988–)
Michael Witney (1977–1983) Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0493341 Allocine: 36850 Rottentomatoes: celebrity/twiggy Allmovie: p72246 TCM: 195353 IBDB: 62829
Instagram: twiggylawson BNE: XX1315870 Spotify: 2dXAUSS8KOMRulaMWbC2yn Musicbrainz: 653d4b7d-2f4d-4627-8e35-da20df1886ca Songkick: 92287 Discogs: 553951 Allmusic: mn0000804589 Deezer: 254161 Editar o valor en Wikidata

Leslie Lawson, coñecida polo sobrenome de Twiggy, en inglés "espigada",[1] nada en Neasden, Londres, o 19 de setembro de 1949 é unha supermodelo, actriz e cantante inglesa gañadora do Globo de Ouro á Mellor Actriz Comedia ou Musical. Coñecida popularmente como Twiggy, converteuse nunha icona da segunda metade dos anos 1960 e chegou a ser nomeada como "a face de 1966" polo periódico inglés Daily Express.

Dende a quinta ata a novena tempada, participou como xurado do reality show America's Next Top Model.

Twiggy foi a primeira gran modelo internacional, ademais de ser a primeira supermodelo. Era de orixe proletaria inglesa, pois a súa familia era de clase obreira e vivía nun suburbio.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Twiggy era filla de Helen e William Hornby e creceu en Neasden, nos suburbios de Londres. Estudou no Brondesbury and Kilburn Highschool en Salusbury Road, Kilburn.

De pequena "estaba tola pola moda" afirma nunha entrevista "como moitas adolescentes... pero despois, o destino tiña obviamente gardado algo diferente para min".[2]

Carreira como modelo

[editar | editar a fonte]

Unha coñecida insistía en que debía probar sorte como modelo, pero ela respondía rindo e pensaba que non acadaría nada, xa que era demasiado fraca e pequena como para cumprir co canon da época.

Finalmente, acudiu onda unha muller dunha revista, á que a recomendara un amigo dun amigo e ela, amablemente, díxolle "Creo que es moi pequena, pero tes faccións moi interesantes, poderías facer fotografías de beleza, pero o teu cabelo está mal...",[2] polo que a enviaron onda Leonard, un estilista, para que lle tinguisen e cortasen o pelo (as modelos fotográficas miden entre 1,68 e 1,70 metros, pero as modelos de pasarela deben medir como mínimo 1,70. Dende os 90, as posteriores top-models (supermodelos) miden entre 1,75 e 1,80).

Leonard chamou a Barry Lategan, un fotógrafo amplamente recoñecido e díxolle: "Teño aquí unha rapariga cun aspecto moi interesante, pero nunca tomou unha foto. Quero facer o meu novo corte de cabelo nela. Se a envío, ¿poderías poñela fronte á cámara e dicirme se é fotoxénica?".[2] Isto terminou sendo todo un golpe de sorte, xa que Lategan era un gran fotógrafo.

Para cando chegou onda Lategan, Twiggy foi presentada co seu nome real, Leslie, e no medio da sesión, debido a algo que fixo, o seu mozo dixo "¡Oh, Twiggy!" alcume dado polo irmán del debido ás súas delgadas pernas. A Lategan pareceulle un alcume perfecto para unha modelo e díxolle: "se chegas a traballar de modelo, deberías usalo".[2]

Lategan chamou a Leonard para dicirlle que, en efecto, Twiggy era fotoxénica e que procedese co novo corte de cabelo, que durou 8 horas, entre tinturas e cortes de cabelo. A fotografía de Lategan foi colgada no salón de Leonard, onde foi vista por Deirdre McSharry, quen traballaba nun periódico nacional chamado "Daily Express". Ela preguntou pola foto e dixo que quería coñecer a rapariga que aparecía nela. Cando Twiggy e Deirdre se reuniron, esta dixolle que quería facer unha reportaxe sobre ela.

"Así que todos os días, durante unhas dúas semanas, meu pai mercaba o Daily Express e non había nada. Pensabamos que sería unha pequena columna. Dúas semanas despois meu pai chegou. Estaba nas páxinas centrais. O titular era "Twiggy: a cara do '66""[2]

A imaxe correspondía a unha toma facial que fixera Barry, e foi a que cambiou o rumbo da vida de Twiggy.

O teléfono non deixaba de soar, xa que diversas axencias querían contratala; tres meses despois xa se encontraba en París e un ano máis tarde chegaría ós Estados Unidos, onde conseguiu aparecer na portada de Vogue.

O seu singular estilo aínda hoxe en día segue inspirando os grandes creadores da moda. Levar o pelo loiro platino, moi curto e con brillantina, coa raia a un lado, foi unha das súas características máis rompedoras, unha imaxe que conseguiu grazas ós consellos do estilista Vidal Sassoon. En canto ó seu estilo vestindo, sempre se recordará esta pequena modelo -que mide pouco máis de 1,67 metros de altura- con vestidos curtos, minisaias de Mary Quant, lentes grandes, pestanas postizas, ollos moi maquillados e medias á altura dos xeonllos, a raias e de cores chamativas.

Á parte destes detalles, o seu físico delgado e de eterna adolescente supuxo unha revolución, xa que ata entón os canons de beleza tiñan como modelo mulleres de corpos curvilíneos, como é o caso da supermodelo Jean Shrimpton con quen se quixeron efectuar comparacións que non viñan ó caso xa que eran dous tipos de beleza distintos e que representaban dous tipos de belezas que marcaron tendencia e estilo e son icónicas. Algúns dos manequíns que décadas despois reviviron este estilo Twiggy son a británica Kate Moss e a francesa Audrey Marnay, que tamén son mulleres de complexión natural delgada e miden pouco máis de 1,70 metros de altura.

Dende que foi descuberta, souberon sacar partido da súa fama: fixeron minúsculas bonecas que reproducían a escala o seu físico e cara ou unha liña cosmética co seu nome.

A finais dos setenta decidiu retirarse do mundo da moda. Porén, seguiu traballando no mundo do espectáculo como por exemplo no cine, onde alcanzou o recoñecemento internacional. De feito, chegou a gañar, en 1971, dous Globos de Ouro, como Mellor actriz de comedia ou musical e como Nova estrela do ano, e na súa filmografía conta con máis dunha vintena de películas, destacando títulos como Club Paradise (1986) e Os Blues Brothers (1980).

Ademais, e sen deixar de sorprender, deixou claro que é unha muller polifacética, xa que tamén gravou varios discos ("When I Think of You", Twiggy ou Please Get My Name Right) e hai varios libros sobre a súa persoa, entre os que destaca "Twiggy: How I Probably Just Came Along on a White Rabbit at the Right Time and Met the Smile on the Face of the Tiger" (en galego: "Como probablemente me atopei cun coello branco no momento adecuado e vin o sorriso na cara do tigre"), o cal foi vendido con Twiggy como autora, cando en verdade foi escrito por un periodista estadounidense.[3]

Non obstante, a súa atafegada carreira permitiulle formar unha familia. Tras manter unha longa relación amorosa co seu director, casou en 1977 co actor Michael Whitney. Desa relación naceu a súa única filla, Carly. Desgraciadamente, Michael faleceu en 1983 vítima dun ataque ó corazón. Cinco anos despois, Twiggy refixo a súa vida e casou con outro actor, o inglés Leigh Lawson, con quen vive en Inglaterra.

En 1998 sorprendeu a todos cando participou nun dueto con Twiggy Ramirez, baixista de Marilyn Manson, realizando unha versión da canción de Dusty Springfield, "I only want to be with you". De feito, Ramirez utiliza este sobrenome na súa honra.

No 2009 Twiggy anunciou na súa páxina web que a organización "British Rose Breeders and Growers and Harkness Roses" creara unha nova especie de rosa, que recibiu o seu nome en honor ó aniversario número 60 da modelo. A cerimonia tivo lugar o día 11 de xuño de 2009. Twiggy publicou na súa páxina web un comunicado que dicía: "Estaba marabillada e honrada cando Marilyn de Roses UK se puxo en contacto comigo para propoñerme nomear unha rosa en honor ó meu aniversario. Adoro as rosas, especialmente as recendentes, e teño algunhas belezas no meu xardín. Foi moi divertido axudar a escoller a cor, forma e fragrancia e estou ansiosa por coñecer a miña rosa a próxima semana".[4]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Twiggy & Justin (1967)
  • Twiggy by Twiggy: How I probably just came along on a white rabbit at the right time, and met the smile on the face of the tiger (1968)
  • Twiggy Über Twiggy (Edición alemá de "Twiggy by Twiggy",1969)
  • Twiggy (1975)
  • Twiggy's Guide To Looking Good (1985)
  • Twiggy In Black And White (1997)
  • Twiggy: a guide to looking and feeling fabulous over forty (2008)

Filmografía

[editar | editar a fonte]
  • Popcorn (1969) (documental)
  • All Talking... All Singing... All Dancing (1971)
  • The Boy Friend (1971)
  • W (1974)
  • The Butterfly Ball (1976) (voz)
  • Os Blues Brothers (1980)
  • There Goes the Brides (1980)
  • Club Paradise (1986)
  • Madame Sousatzka (1988)
  • Edge of Seventeen (1998)

Televisión

[editar | editar a fonte]
  • Twiggy (1975)
  • "Twiggy II" (1977)
  • The Muppet Show (1975) (Estrela invitada)
  • Pygmalion (1981)
  • Sun Child (1988)
  • The Diamond Trap (1988)
  • Young Charlie Chaplin (1989)
  • Princess (1991) (cancelada despois de 7 episodios)
  • Body Bags (1993)
  • Something Borrowed, Something Blue (1997)
  • Absolutely Fabulous (2000-2001)
  • This Morning (presentadora en 2001)
  • America's Next Top Model, tempada 5 (xurado) (2005)
  • Shakespeare re-told: The Taming of the Shrew (2005)
  • America's Next Top Model, tempada 6 (xurado) (2006)
  • America's Next Top Model, tempada 7 (xurado) (2006)
  • America's Next Top Model, tempada 8 (xurado) (2007)
  • America's Next Top Model, tempada 9 (xurado) (2007)
  1. Twiggy en WordReference.com
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Swindle Magazine, Icons issue (en inglés)". Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2007. Consultado o 27 de abril de 2015. 
  3. "Bibliografía de Twiggy na súa páxina oficial". Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2015. Consultado o 27 de abril de 2015. 
  4. ""Rosa Twiggy" nas noticias do seu sitio oficial". Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2015. Consultado o 27 de abril de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]