Turbohélice
Un turbohélice (en inglés: turboprop) é un tipo de turbina a gas. É un motor a reacción mixto, xa que basicamente é un reactor que acciona unha hélice. Entre o eixe da turbina e a hélice hai un redutor de velocidade. A forza impulsora deste motor é producida nun 90% pola hélice e nun 10% polos gases de escape.
Os motores turbohélice adoitan a usarse en pequenos avións subsónicos, pero algunhas aeronaves que os utilizan teñen velocidades de cruceiro que superan os 926 km/h. Grandes avións civís e militares, como o Lockheed L-188 Electra e o Tupolev Tu-95, usaron tamén turbohélices. O Airbus A400M está impulsado por catro motores Europrop TP400, que son os terceiros turbohélices máis potentes fabricados, despois dos Kuznetsov NK-12 e os Progress D-27.
Na súa forma máis sinxela un turbohélice consiste nunha entrada de aire, un compresor, unha cámara de combustión, unha turbina e unha tobeira propulsora. O aire é aspirado pola entrada e comprimido polo compresor. Entón engádeselle combustible ao aire comprimido na cámara de combustión, onde a mestura de queimase. Os gases quentes da combustión expándese a través da turbina. Parte da potencia xerada pola turbina úsase para accionar o compresor, e o resto transmítese pola engrenaxe cara a hélice. Unha maior expansión dos gases prodúcese na tobeira de propulsión, onde os gases expúlsanse a presión atmosférica. A tobeira proporcional unha relativamente pequena proporción da potencia xerada por un turbohélice.
Os turbohélices son moi eficientes en voos con velocidades por debaixo dos 725 km/h debido a que a velocidade de chorro da hélice (e da saída de gases) é relativamente baixa. Debido ao alto prezo dos motores turbohélice son principalmente usados cando se precisa eficiencia en velocidades de voo modestas e unha boa actuación en capacidades de aterraxes e engalaxes curtas. A aplicación máis común destes motores en aviación civil é en pequenos avións rexionais, onde a súa maior fiabilidade compensan o seu alto custo inicial. Os avións de turbohélices na actualidade operan case á mesma velocidade que un pequeno avión impulsado por motores turboventilador, pero queiman só dous terzos de combustible por pasaxeiro en comparación con estes. Porén, comparado cun turbojet (que pode voar a grande altura para mellorar a velocidade e a eficiencia de combustible) un avión de hélice ten un teito de servizo moito máis baixo.