[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Trisha Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaTrisha Fernández

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Trisha Fernández de Jesús Editar o valor en Wikidata
19 de novembro de 1994 Editar o valor en Wikidata (30 anos)
Luanda, Angola Editar o valor en Wikidata
Altura172 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz, modelo, presentadora Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm8895923 Rottentomatoes: celebrity/trisha_fernandez
Instagram: trisha___fernandez Editar o valor en Wikidata

Trisha Fernández de Jesús, coñecida como Trisha Fernández, nada en Luanda (Angola) o 19 de novembro de 1994, é unha actriz, modelo e presentadora galega.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Filla de galego e angolana, a súa nai morreu cando tiña dous anos e ela e seu pai viñeron para Galicia onde se criou entre Filgueira (Crecente) e A Cañiza.[1] Despois marchou a Vigo estudar ao IES da Guía e comezou a facer traballos de modelo.[2] En 2013 representou a Galicia no certame de Miss España, ademais de xogar a balonmán.[3] Logo marchou a Madrid, onde viviu 8 anos, e foise facendo coñecida polo seu papel de Marcia en Acacias 38.[4] Antes da pandemia do coronavirus abrira o local de hostelaría La Lola Albacería.

Volveu a Galicia e en setembro de 2021 comezou a presentar o Luar da TVG con Xosé Ramón Gayoso. Participou noutros programas da TVG como Land Rober Tunai Show, Atrápame se podes, Comando G ou Tupper Club.

Filmografía[5]

[editar | editar a fonte]
  • Ocultos (2015). Curtametraxe.
  • Aquelarre (2016). Curtametraxe.
  • Chistes de amor (2017). Curtametraxe.
  • Serás mi novia (2018). Curtametraxe.
  • Todo por el juego (2018). Serie TV.
  • Cuentos cortos de Carlos Cabero (2018). Serie TV.
  • Cuando florezca el cerezo (2018), de Carlos Cabero.
  • Fariña (2018). Mini serie TV. Como a moza da piscina.
  • Bernarda (2018), de Emilio Ruiz Barrachina.
  • Nunca fuimos ángeles (2019), de Carlos Cabero.
  • En el corredor de la muerte (2019). Mini serie TV.
  • Acacias 38 (2019-2020). Serie TV. Como Marcia Sampaio.
  • No muertos (2020). Serie TV.
  • Encerrados (2021), de Carlos Cabero.
  1. López, Belén (2022-01-10). "Trisha Fernández: "Dende que entrei no 'Luar' sentinme como na casa"". Diario de Pontevedra. Consultado o 2022-01-10. 
  2. "Flash Moda - Trisha Fernández, un estilo casual que siempre triunfa" (en castelán). 2021-05-17. Consultado o 2022-01-10. 
  3. "«Es un orgullo trabajar en gallego»". La Voz de Galicia (en castelán). 2019-09-28. Consultado o 2022-01-10. 
  4. "Trisha Fernández, la nueva presentadora del programa Luar de la Televisión de Galicia". Quincemil (en castelán). Consultado o 2022-01-10. 
  5. "Trisha Fernández". IMDb. Consultado o 2022-01-10. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazons externas

[editar | editar a fonte]