[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Tresviso

Modelo:Xeografía políticaTresviso
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°15′30″N 4°40′00″O / 43.258333333333, -4.6666666666667
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCantabria Editar o valor en Wikidata
CapitalTresviso Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación58 (2023) Editar o valor en Wikidata (3,57 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie16,23 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude907 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataFrancisco Javier Campo Campo Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal33554 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE39088 Editar o valor en Wikidata

Sitio webtresviso.net Editar o valor en Wikidata

Tresviso é un concello situado no extremo occidental da comunidade autónoma de Cantabria (España), na comarca de Liébana. É un dos máis pequenos de Cantabria, tanto por extensión como por poboación, tendo censados no 74 habitantes (INE 2011), e componse dun só núcleo. A localidade está situada a 907 metros de altitude e atópase a unha distancia de 91 quilómetros da capital cántabra, Santander.

Limita polo norte con El Valle Altu de Peñamellera e El Valle Baju de Peñamellera (Asturias), polo sur con Cillórigo de Liébana, polo leste con Peñarrubia e polo oeste con Cabrales (Asturias).

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O seu nome Tresviso provén da derivación montañesa tres-visu do latín trans visum, ou ben do tamén latín trans abyssum, "tralo abismo".

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Acceso a Tresviso pola Senda de La Peña.

Tresviso áchase nun burato de paredes calcarias preto do Río Urdón. Limita, co Cantu la Jorcaúra e Las Ruyas, polo norte; El Cuetu, polo sur; os invernais de Prías e a senda de Urdón, polo leste; e a Loma de la Mesa, polo oeste.

Este municipio caracterízase polo illamento no que a comunicacións se refire. De feito, o único acceso por estrada que existe realízase desde a localidade asturiana de Sotres e é necesario cruzar o Jitu Escarandi.

Para os excursionistas, destacar a subida de 6 quilómetros pola senda de La Peña que separa Tresviso de Urdón. Nela sálvase un desnivel duns 825 metros a través dun tortuoso sendeiro cheo de curvas no que destaca o impoñente balcón de Pilatos, un miradoiro natural do Río Urdón en completa verticalidade cunha caída de máis de 600 metros.

Outra rota montañeira que pode facerse, desde Tresviso, é a ascensión ao Cuetu la Cerralosa, a 1.552 metros de altitude, así como outros cumios próximos: Cantu la Jorcaúra, Cuetu las Rubias e o Cantu Sulasfuentes.

Economía

[editar | editar a fonte]

Situado integramente no Parque Nacional dos Picos de Europa, Tresviso ten como principal actividade a gandaría de vacún, ovino e caprino, sendo o produto máis famoso o queixo picón de Tresviso. Tamén cabe destacar unha incipiente actividade turística. Este feito está freando lixeiramente a tendencia emigratoria que viña arrastrando Tresviso en particular e a zona en xeral. Un 30 % da poboación activa de Tresviso emprégase no sector primario, un 25 % na construción e un 45 % no sector terciario. Cabe destacar a inexistencia de actividade industrial no municipio.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Evolución demográfica
1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1980 1990 2000 2009
377 414 485 433 394 395 319 178 91 94 60 80

Fonte: INE

Administración

[editar | editar a fonte]
Eleccións municipais, 25 de maio de 2003
Partido Votos % Concelleiros
PSOE 28 47,46 % 1
  • Alcalde electo: Francisco Javier Campo Campo (PSC-PSOE).
Eleccións municipais, 27 de maio de 2007
Partido Votos % Concelleiros
PSOE 44 63,77 % 1
  • Alcalde electo: Francisco Javier Campo Campo (PSC-PSOE).

Celébrase a Festa do Ramo polo San Pedro, o 29 de xuño.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Adrados, M.Á.: «Ruta D-1. Tresviso. Visita (ascensión) a la aldea desde Urdón», en Picos de Europa, Ascensiones y travesías de dificultad moderada. ISBN 84-922363-3-7, páxinas 108-111.
  • Obregón Goyarrola, F.: «39. Tresviso. Ascensión desde Urdón», en 50 rutas por las montañas de Cantabria. ISBN 84-87934-20-X, páxinas 216-220.
  • Obregón Goyarrola, F.: «93. El Cuetu la Cerralosa (1559). Circuito-ascensión desde Tresviso», en Nuevas rutas por las montañas de Cantabria. ISBN 84-87934-36-6, páxinas 232-236

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]