Touch and Go Records
Touch and Go Records | |
---|---|
Tipo | selo discográfico |
Data de fundación | 1979 |
Fundador(es) | Tesco Vee |
Sede | Chicago |
País | Estados Unidos de América |
Na rede | |
http://www.touchandgorecords.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Touch and Go Records é unha disográfica independente estadounidense baseada en Chicago, Illinois. Despois da súa aparición como un fanzine caseiro en 1979, converteuse nun dos selos claves nas escenas underground e alternativa estadounidenses dos anos 80. Touch & Go labrouse unha reputación aventurándose a publicar traballos de bandas de noise rock como Butthole Surfers, Big Black e The Jesus Lizard. Xunto con outros selos independentes dos Estados Unidos como Twin/Tone, SST Records ou Dischord Records, Touch and Go axudou a espallar por todo o país unha serie de bandas underground formadas na escena indie pre-Nirvana. Eses selos presidiron o cambio dende o hardcore punk dominante na escena underground da época cara estilos máis diversos de rock alternativo que estaban aparecendo.