[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Total Physical Response

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Total Physical Response (TPR) ou Resposta Física Total é unha metodoloxía de ensino da linguaxe que foi desenvolta por James Asher, profesor emérito en psicoloxía pola Universidade Estatal de San Jose, en San Jose, California. Está baseada na teoría de que a memoria e a comprensión melloran e son máis efectivas cando van á par co movemento físico.

Polo tanto, este método é un claro exemplo do enfoque comunicativo no ensino de linguas estranxeira, xa que tamén está asociado ás teorías relacionadas coa adquisición da lingua materna (cando o proxenitor di "Dame a man!", "Colle o xoguete!" ou "Pousa iso!", o cativo responde cunha acción asociada á orde dada).

A destreza comunicativa máis traballada é a escoita, xa que a comprensión é o obxectivo principal do método. Debido a este aspecto, moitos autores coinciden á hora de integrar esta metodoloxía na acorde para utilizar nos niveis iniciais de apredizaxe, ficando obsoleta en niveis superiores.

Beneficios

[editar | editar a fonte]
  • É unha actividade lúdica que permite baixar o nivel de estrés do alumno cando se enfronta a unha lingua nova ou descoñecida.
  • Comprensión inmediata da mensaxe transmitida.
  • Fomenta a memorización e axuda a crear estratexias de aprendizaxe (asociar movementos con mensaxes orais).
  • Traballa a comprensión da linguaxe e non a repetición mecánica.

Controversia

[editar | editar a fonte]

Esta metodoloxía recibe críticas polo repetitivo da súa estrutura e por limitarse a un espectro de vocabulario moi reducido. Porén, especialistas en linguas estranxeiras que desenvolven a TPR nas súas aulas cren que cun modelo máis amplo e con certas modificiacións sinxelas se poden englobar moitos máis aspectos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]