Tocina
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Andalucía | |||
Provincia | Provincia de Sevilla | |||
Capital | Tocina | |||
Poboación | ||||
Poboación | 9.420 (2023) (672,86 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 14 km² | |||
Altitude | 27 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Organización política | ||||
• Alcalde | Francisco José Calvo Pozo (en) | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 41340 | |||
Fuso horario | ||||
Código INE | 41092 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Páxina web | tocina.es… | |||
Tocina é unha localidade andaluza, da provincia de Sevilla. En 2005 tiña 9.114 habitantes.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A súa extensión é de 14 km² e ten unha densidade de 651,0 hab/km². As súas coordenadas xeográficas son 37º 36' N, 5º 44' W. Atópase situada a unha altitude de 27 metros sobre o nivel do mar e a 37 quilómetros ao noroeste da capital de provincia, Sevilla. Tocina atópase na ribeira do río Guadalquivir, e ten dous núcleos principais, Tocina e Los Rosales.
Situada ao pé da vía do tren que une Sevilla con Córdoba, a súa economía vira ao redor da produción de azucre.
Historia
[editar | editar a fonte]Os restos arqueolóxicos permiten afirmar que o que hoxe é Tocina estivo poboado dende bastantes séculos atrás, con trazos neolíticos, romanos e árabes. Logo da invasión cristiá conformouse definitivamente un núcleo habitado, baixo o dominio da Orde de Malta, que o mantivo ata o século XIX nun conxunto de territorios que se estendían polas dúas ribeiras do Guadalquivir. O núcleo estaba baixo o dominio dun comendador que foi o encargado das repoboacións e de estabelecer alcaldes. A poboación viviu do agro e dos traballos temporeiros, e sufriu tamén a crise alimentaria de comezos do século XIX. En 1860 inaugúrase a estación do ferrocarril, que lle dá un novo pulo á economía da vila e que configura un novo núcleo de poboación: Los Rosales. En 1926 comeza a practicarse o regadío extensivo e a producir azucre.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tocina |