[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Thomas Nast

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaThomas Nast

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de setembro de 1840 Editar o valor en Wikidata
Landau in der Pfalz (Reino de Baviera) Editar o valor en Wikidata
Morte7 de decembro de 1902 Editar o valor en Wikidata (62 anos)
Guayaquil, Ecuador Editar o valor en Wikidata
Causa da morteFebre amarela Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Woodlawn Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncaricaturista, xornalista, artista, ilustrador Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Republicano Editar o valor en Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
CónxuxeSarah Edwards Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteAppletons' Cyclopædia of American Biography, (sec:Nast, Thomas)
Arquivos biográficos da biblioteca e museo Billy Ireland Cartoon
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webthomasnast.com Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Nast-8 Find a Grave: 6522488 Editar o valor en Wikidata


Thomas Nast, nado en Landau in der Pfalz (Palatinado renano) o 27 de setembro de 1840 e finado en Guayaquil (Ecuador) o 7 de decembro de 1902, foi un debuxante alemán-estadounidense do século XIX. Está considerado un dos pais da caricatura política dos Estados Unidos.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Xuventude e formación

[editar | editar a fonte]

Thomas Nast naceu na cidade alemá de Landau in der Pfalz, no Palatinado renano, fillo dun músico pertencente ao 9º Rexemento bávaro. En 1846, cando tiña 6 anos, a súa nai levouno a Nova York, onde estudou artes durante aproximadamente un ano con Alfred Fredericks e Theodore Kaufmann na National Academy of Design. Aos 15 anos comezou a traballar como deseñador para Frank Leslie's Illustrated Newspaper, e tres anos despois para a revista Harper's Weekly.

Fotografía de Nast.

Nast debuxou para a Harper's durante dous períodos, o primeiro de 1859 a 1860 e o segundo de 1862 a 1886. En 1860 viaxou a Inglaterra por conta do New York Illustrated News para presenciar un combate de boxeo entre Heenan e Sayers, e despois uniuse a Garibaldi en Italia como artista do Illustrated London News. As viñetas e artigos de Nast sobre a campaña militar para unificar Italia captaron a imaxinación popular nos Estados Unidos. En 1861 casou con Sarah Edwards.

O seu primeiro traballo serio en caricaturas foi a historieta "Peace" contra os do Norte que se opuxeran á continuación da Guerra civil. Esta e outra das súas bandas deseñadas feitas durante os días da guerra e da Reconstrución foron publicadas en Harper's Weekly. Era coñecido por debuxar campos de batalla na fronteira e nos estados do sur. Estes valeronlle o interese do público e do presidente Abraham Lincoln que o chamou "o noso mellor sarxento de recrutamento".[1] En consecuencia, Nast máis tarde opoñerase firmemente ao presidente Andrew Johnson e á súa política de reconstrución.[2]

Campaña contra o "Tweed Ring"

[editar | editar a fonte]

As ilustracións de Nast contribuíron á caída do político de orixe irlandesa-escocesa William Tweed, tamén coñecido como "Boss".[3] Tweed tiña tanto medo ao lapis de Nast que enviou a un emisario que lle ofreceu un suborno de 500.000 dólares para rematar a súa campaña anti-Tweed e abandonar o país.[4] Nast rexeitou a oferta e redobrou os seus ataques. Tweed foi arrestado en 1873 e condenado por fraude. Cando o Boss tentou escapar da xustiza en decembro de 1875, fuxindo a Cuba e de alí a Galiza, os funcionarios encargados da súa detención en Vigo puideron identificalo grazas aos debuxos de Nast.[5]

Para Nast, as comunidades de inmigrantes irlandeses permitiran que o nome Tweed se fixera popular. Por iso, e tamén porque Nast era anticatólico e nativista —é dicir, estaba en contra da chegada de inmigrantes aos Estados Unidos—, adoitaba burlarse da comunidade irlandesa e o clero católico. En 1875, nunha das súas ilustracións titulada The American River Ganges, Nast representaba aos bispos católicos como crocodilos dispostos a atacar ás familias estadounidenses.

En xeral, as súas viñetas políticas apoiaban os indios norteamericanos, os chineses americanos e defenderon a abolición da escravitude. Nast tamén tratou temas relacionados coa segregación racial e a violencia do Ku Klux Klan, tratados nunha das súas viñetas máis famosas, "Worse than Slavery" (Peor que a escravitude), na que representaba a unha familia negra cuxa casa é destruída por incendio premeditado, ao mesmo tempo vese dous membros do Ku Klux Klan dándose a man en sinal de vitoria polo seu acto destrutivo contra a propiedade dos negros americanos.

Política

[editar | editar a fonte]

A revista Harper's Weekly e Nast desempeñaron papeis esenciais nas eleccións de Ulysses S. Grant en 1868 e en 1872. Na campaña de 1872 a ridiculización, por parte de Nast, da candidatura de Horace Greeley foi desapiadada. Nast converteuse nun amigo persoal do presidente Grant e as súas familias compartiron ceas regulares até a morte de Grant (1885). Por outra banda, Nast animou ao expresidente a escribir a súa autobiografía mentres loitaba contra o cancro.[6]

O río Ganges americano.

Nast trasladouse a Morristown, Nova Jersey, en 1872 e viviu alí durante moitos anos. En 1873, viaxou polos Estados Unidos dando conferencias e presentando as súas obras; reiterou estas actividades en 1885 e 1887.

Compartiu as opinións políticas do seu amigo Mark Twain e mantívose fiel ás ideas republicanas durante moitos anos. Nast opúxose á inflación da moeda e, para ilustrar a situación, caricaturizou a un bebé con farrapos. Desempeñou un papel importante nas eleccións presidenciais de Rutherford B. Hayes en 1876. Hayes afirmou máis tarde que Nast era "'a axuda máis potente' que recibira nunca".[7] Pero o ilustrador pronto acabou perdendo as súas ilusións sobre Hayes, que criticaba a política de pacificación do Sur e a súa situación na revista foi mudando pois Harper's negouse a permitir a Nast que atacase a Hayes.

A partir de 1877, coa morte de Fletcher Harper, e a falta do seu apoio, as súas contribucións fixéronse cada vez menos frecuentes polo que Thomas Nast concentrouse nas pinturas ao óleo e na ilustración de libros, pero tal produción non se pode comparar coas súas viñetas. En 1890 publicou Thomas Nast's Christmas Drawings for the Human Race. Tamén achegou ilustracións a diversas publicacións, pero debido ás novas técnicas de ilustración e á chegada de novos talentos, non gozou do éxito que tivo en anos anteriores.

En 1892 tomou o control dunha revista en decadencia, chamada New York Gazette, renomeándoa como Nast's Weekly. De volta ao bando republicano, Nast usou a súa revista para publicar viñetas en apoio de Benjamin Harrison, un candidato á reelección presidencial. Pero a revista tivo pouco impacto, e a publicación cesou pouco despois da derrota de Harrison.

En 1902 Theodore Roosevelt nomeouno Cónsul Xeral dos Estados Unidos en Guayaquil (Ecuador). Durante un brote mortal de febre amarela, Nast cumpriu as moitas misións diplomáticas e comerciais que lle foron encomendadas. Aos 62 anos, en 1902, morreu de febre amarela contraída en Guayaquil. O seu corpo regresou aos Estados Unidos e foi sepultado no cemiterio de Woodlawn no Bronx, Nova York.

Escolma de traballos

[editar | editar a fonte]
  1. Paine, 1974, p.69
  2. "Caricatures sur Johnson, par Th. Nast.". Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2022. Consultado o 13 de novembro de 2022. 
  3. "The Political Corruption Cartoons of Thomas Nast". web.archive.org. 2007-09-11. Archived from the original on 11 de setembro de 2007. Consultado o 2022-11-13. 
  4. Paine, 1974, pp. 181-182
  5. Paine, 1974, pp. 336-337
  6. Estas memorias saldrán en 1885-1886 bajo el título de Personal Memoirs of U. S. Grant.
  7. Paine, 1974, p. 349.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]