The Fringe
The Fringe | |
---|---|
Tipo | evento anual e festival de arte |
Data de fundación | 1947 |
En | Cidade de Edimburgo |
País | Reino Unido |
Na rede | |
https://www.edfringe.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Edinburgh Fringe Festival, tamén coñecido como The Fringe, como Edinburgh Fringe, ou Edinburgh Fringe Festival, é o maior festival de artes do mundo. En 2018 durou 25 días e contou con máis de 55.000 funcións de 3.548 espectáculos diferentes en 317 salas.
Historia
[editar | editar a fonte]Fundado en 1947, como alternativa ao Festival Internacional de Edimburgo, ten lugar anualmente en Edimburgo, Escocia, durante o mes de agosto.
O Edinburgh Fringe Festival é unha celebración mundial da arte e da cultura, só superada polos Xogos Olímpicos e a Copa do Mundo de Fútbol en canto a recadación.[1]
Trátase dun evento que "fixo máis que calquera outra cousa por poñer a Edimburgo á vangarda das cidades do mundo". [2]
Organización
[editar | editar a fonte]Trátase dun festival de artes escénicas de acceso gratuíto (“sen xurado”), é dicir, non existe un comité de selección e calquera persoa pode participar en calquera tipo de espectáculo. O programa oficial Fringe clasifica as actuacións en seccións de teatro, comedia, danza, teatro físico, circo, cabaret, espectáculos infantís, musicais, ópera, música, spoken word, exposicións e eventos. A sección de comedia é a máis numerosa, representando máis dun terzo do programa, e a que máis público atrae nos tempos modernos, en parte debido aos Edinburgh Comedy Awards.
En 2020, o festival Fringe foi cancelado, xunto con todos os demais festivais importantes de Edimburgo programados para ter lugar no verán, debido á pandemia de COVID-19.[3] [4] Con todo, o festival de 2020 contou cun único espectáculo en directo, o de Nathan Cassidy co seu espectáculo de comedia stand-up "Observational". Os organizadores anunciaron que o festival volvería celebrarse de 2021 en diante, tendo lugar esa edición entre o 6 e o 30 de agosto.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Thorpe, Vanessa (14-7-2019). "The comedians are ready and so are the crowds ... but where are the Edinburgh critics?". The Observer. Consultado o 12-4-2020.
- ↑ Dale 1988, p. 10.
- ↑ Saunders, Emmeline (1-4-2020). "Edinburgh Festival Fringe cancelled this summer over coronavirus outbreak". Consultado o 1-4-2020.
- ↑ McCarthy, Shona (1-4-2020). "2020 Fringe announcement from Shona McCarthy, Chief Executive". Consultado o 1-4-2020.
- ↑ Skopeliti, Clea (29-5-2021). "Edinburgh festival fringe threatened by Covid rules, says organiser". The Guardian. Consultado o 30-5-2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: The Fringe |
A Galipedia ten un portal sobre: Escocia |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficial
- Festivais Edimburgo
- Colección "Follow the Fringe Project" nas Bibliotecas da Universidade de Maryland
Este artigo sobre arte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |