[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Telesforo, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaTelesforo, papa

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Telesphorus PP. Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementovalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Terranova da Sibari, Italia Editar o valor en Wikidata
Mortedécada de 130 Editar o valor en Wikidata
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBasílica de San Pedro Editar o valor en Wikidata
Papa
década de 120 – década de 130
← Sisto IHixinio → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Roma Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónsacerdote católico Editar o valor en Wikidata
Período de tempoImperio Romano Editar o valor en Wikidata
Consagraciónvalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
  • valor descoñecido - santo Editar o valor en Wikidata
Día de festividade relixiosa2 de xaneiro Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia soviética armenia
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata
Papa Telesforo.

Telesforo,[1] nado probablemente en Terranova da Sibari e finado seguramente en Roma en 136, foi bispo cristián de Roma entre 126 e 136[2] ou quizais 138.[3]

Vida e pontificado

[editar | editar a fonte]

Aínda que, como ao resto dos primeiros papas, pouco se sabe da súa vida, crese que a súa familia era grega, e que antes de chegar a Roma viviu como ermitán en diversos lugares, entre eles o Monte Carmelo e por iso é recoñecido pola Orde carmelita entre os seus santos. Debeu comezar como papa en tempos de Hadrián e rematar baixo o imperio de Antonino Pío.

O Liber pontificalis afirma que Teléforo foi o instituidor da misa do galo na medianoite do Nadal, que compuxo o canto Gloria in excelsis Deo, que fixou que a Pascua tiña que celebrarse en domingo e que ademais implantou as normas sobre o xaxún na Coresma. Debeu combater as herexías gnósticas.

Morte e santidade

[editar | editar a fonte]

Como todos os papas romanos anteriores ao Edicto de Milán foi considerado santo. Telesforo é o primeiro que no catálogo papal elaborado por Ireneo de Lión aparece sinalado como mártir, feito que despois repite Eusebio de Cesarea, pero é moi posíbel que se producise unha confusión entre el e outro romano de nome Telesforo asasinado nas persecucións alentadas polo emperador romano Hadrián. Foi soterrado na Basílica de San Pedro.

O seu martirio celébrao a igrexa católica o 5 de xaneiro e a igrexa ortodoxa o 22 de febreiro.

Parroquias galegas

[editar | editar a fonte]

Non hai ningunha parroquia galega baixo a advocación de san Telesforo.

  1. "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-09-18. 
  2. Donald Attwater. A Dictionary of the Popes. The Catholic Book Club, Londres, 1939
  3. Annuario Pontificio, edición de 2003